Saltar ao contido

Golfo de Tunes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Tunes
Imaxe
TipoGolfo Editar o valor en Wikidata
Parte deMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTunisia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°59′N 10°36′L / 36.98, 10.6

O golfo de Tunes (en árabe: خليج تونس) é un golfo do mar Mediterráneo localizado no noroeste de Tunisia, que se estende uns 70 km, entre o cabo Sidi Ali El Mekki (a poucos quilómetros ao leste de Ghar El Melh) e o cabo Eddar Rass (ou cabo Bon stricto sensu),[1] a uns quilómetros ao norte de El Haouaria, situado na punta nordeste da península do mesmo nome.

A cidade de Tunes, a capital do país, encóntrase no extremo sur do golfo, ao igual que unha serie de asentamentos que se estableceron nos últimos tres milenios.