Gran
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
- Gran, porción moi pequena dun corpo, xeralmente de forma arredondada. Cantidade mínima de calquera cousa.
- Gran, semente dos cereais.
- Gran, tipo de froito, cariópside.
- Gran, lesión cutánea, que polo seu aspecto recorda a semente dos cereais, producida polo levantamento da epiderme a consecuencia da picadela dun insecto, dunha doenza, ou pola obstrución por sebo e queratina da canle do folículo piloso, a acne, aldroga, ampola, bocha, bóchega, bóldrega, borrecas, boza, roncha, vexiga, vincha, vinchoca.
- Gran, forma de agregación das partículas que constitúen unha substancia e que determinan a maior ou menor aspereza ao tacto. Gran da madeira.
- Gran mineral, fragmento apenas perceptíbel de rocha.
- Gran, medida de masa obsoleta equivalente a uns cinco centigramos.
- Gran métrico, unidade de medida usada en xoiaría; cuarta parte dun quilate.
- Gran en fotografía, cada unha das manchas negras ou grises, constituídas por unha acumulación de partículas de prata reducida, que no seu conxunto forman a imaxe fotográfica.
- Gran, parte exterior das peles curtidas.
- Gran, serie de televisión da BBC.