Gran Premio de Francia de 1963
Nome oficial | XLIX French Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Francia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1963 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Reims-Gueux (Gueux) 49°15′15″N 3°55′51″L / 49.2542, 3.9308 |
País | Francia |
Data | 30 de xuño de 1963 |
Competición | |
Primeiro posto | Jim Clark |
Pole position | Jim Clark |
Volta máis rápida | Jim Clark |
Resultados do Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1963 celebrado no circuíto de Reims-Gueux o 30 de xuño de 1963.
Informe
[editar | editar a fonte]Jim Clark liderou desde o inicio. Todo o duro traballo de Graham Hill na clasificación non valeu de nada, o seu motor parouse na grella e empuxárono para arrincar. Unha sanción a posteriori dun minuto deixouno ben atrás. Clark liderou desde o comezo, a súa vantaxe ampliouse cando unha pedra atravesou o radiador de Ginther que marchaba segundo, obrigándoo a entrar en boxes. Jack Brabham obtivo o segundo lugar logo dunha forte pelexa con Trevor Taylor, que tamén sufriu problemas mecánicos.
Brabham comezou a gañar terreo a Clark significativamente cando o motor Climax do escocés empezou a fallar, pero resultou ser un fallo esporádico e tiña suficiente vantaxe para manter a posición. Foi Brabham quen se retirou, entregando o segundo e terceiro posto a Tony Maggs e a un encantado Hill. Clark quedou máis dun minuto por diante deles logo de liderar de principio a fin.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 18 | Jim Clark | Lotus-Climax | 53 | 2:10:54.3 | 1 | 9 |
2 | 12 | Tony Maggs | Cooper-Climax | 53 | + 1:04.9 | 8 | 6 |
3 | 2 | Graham Hill | BRM | 53 | + 1:13.9 | 2 | |
4 | 6 | Jack Brabham | Brabham-Climax | 53 | + 2:15.2 | 5 | 3 |
5 | 8 | Dan Gurney | Brabham-Climax | 53 | + 2:33.4 | 3 | 2 |
6 | 36 | Jo Siffert | Lotus-BRM | 52 | + 1 volta | 10 | 1 |
7 | 30 | Chris Amon | Lola-Climax | 51 | + 2 voltas | 17 | |
8 | 28 | Maurice Trintignant | Lotus-Climax | 50 | + 3 voltas | 15 | |
9 | 32 | Innes Ireland | BRP-BRM | 49 | + 4 voltas | 9 | |
10 | 46 | Lorenzo Bandini | BRM | 45 | + 8 voltas | 21 | |
11 | 34 | Jim Hall | Lotus-BRM | 45 | + 8 voltas | 18 | |
12 | 10 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 42 | Encendido | 6 | |
13 | 20 | Trevor Taylor | Lotus-Climax | 41 | Suspensión | 7 | |
NC | 42 | Phil Hill | Lotus-BRM | 34 | Non clasificado | 13 | |
NC | 44 | Jo Bonnier | Cooper-Climax | 32 | Non clasificado | 11 | |
Ret | 48 | Masten Gregory | Lotus-BRM | 30 | Caixa de cambios | 19 | |
Ret | 16 | John Surtees | Ferrari | 12 | Bomba gasolina | 4 | |
Ret | 38 | Tony Settember | Scirocco-BRM | 5 | Coxinete da roda | 20 | |
Ret | 4 | Richie Ginther | BRM | 4 | Radiador | 12 | |
NTS | 14 | Ludovico Scarfiotti | Ferrari | Accidente nas prácticas | |||
NTS | 22 | Peter Arundell | Lotus-Climax | Piloto correu nunha carreira de apoio | |||
WD | 26 | Giancarlo Baghetti | ATS | ||||
WD | 40 | Ian Burgess | Scirocco-BRM | Coche non preparado | |||
WD | 50 | Nasif Estéfano | De Tomaso | Coche non preparado |
- Phil Hill inicialmente comezou no coche 24, pilotando para ATS. Cando o equipo ATS retirouse, pasou a pilotar o Lotus-BRM da Scuderia Filipinetti.
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Pole position: Jim Clark - 2:20.2
- Volta rápida: Jim Clark - 2:21.6
- Graham Hill foi empuxado para arrincar, sendo penalizado cun minuto polos organizadores, e non logrou ningún punto polo seu terceiro posto
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "The Formula One Record Book", John Thompson, 1974.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1963 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1963 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1963 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1963 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1962 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1964 |