Gran Premio de Italia de 1959
Nome oficial | XXX Italian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 |
Distancia do evento | 72 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 13 de setembro de 1959 |
Competición | |
Primeiro posto | Stirling Moss |
Pole position | Stirling Moss |
Volta máis rápida | Phil Hill |
O Gran Premio de Italia de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de setembro de 1959 no circuíto de Monza. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 30º Gran Premio de Italia e o 24, que se celebrou en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 72 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 414 quilómetros.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss pilotando un Cooper T51 para o equipo privado Rob Walker Racing Team. Moss gañou por 46 segundos sobre o piloto americano Phil Hill que pilotaba un Ferrari Dino 246 da Scuderia Ferrari. O líder do campionato o australiano Jack Brabham terminou terceiro nun Cooper de fábrica modelo T51, ampliando a súa vantaxe nos puntos, pero non o suficiente como para evitar un enfrontamento polo campionato con Moss e o piloto de Ferrari Tony Brooks na última carreira da tempada, o GP dos Estados Unidos.
O peso dos coches foi foi o factor decisivo para gañar a carreira, Stirling Moss gañou a carreira sen ter que cambiar os pneumáticos do seu coche, o pequeno e lixeiro Cooper, aínda que fixo unha parada en boxes. Stirling fixo unha carreira prudente, confiando en que os pilotos de Ferrari necesitarian entrar en boxes. Tony Brooks fixo unha boa saída, pero un fallo nun pistón eliminouno na primeira volta. Graham Hill e Dan Gurney lideraron a carreira, pero perderon as súas vantaxes logo dunhas longas paradas en boxes. Moss continuou liderando a unha velocidade media de 200 quilómetros por hora, unha nova marca. Phil Hill foi o segundo con Ferrari no seu circuíto, e os seus compañeiros de Ferrari foron 4-5-6 nesta orde, Gurney, Cliff Allison e Olivier Gendebien.
A vitoria de Moss pechou a brecha no campionato a só 5 puntos e medio por detrás de Jack Brabham e Brooks a oito puntos detrás de Brabham. Os esforzos combinados de Brabham, Moss, Maurice Trintignant, Bruce McLaren e Masten Gregory conseguiron o campionato de construtores para Cooper Car Company.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 14 | Stirling Moss | Cooper-Climax | 72 | 2:04:05.4 | 1 | 8 |
2 | 32 | Phil Hill | Ferrari | 72 | + 46.7 | 5 | 7 |
3 | 12 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 72 | + 1:12.5 | 3 | 4 |
4 | 36 | Dan Gurney | Ferrari | 72 | + 1:19.6 | 4 | 3 |
5 | 34 | Cliff Allison | Ferrari | 71 | + 1 volta | 8 | 2 |
6 | 38 | Olivier Gendebien | Ferrari | 71 | + 1 volta | 6 | |
7 | 2 | Harry Schell | BRM | 70 | + 2 voltas | 7 | |
8 | 6 | Jo Bonnier | BRM | 70 | + 2 voltas | 11 | |
9 | 16 | Maurice Trintignant | Cooper-Climax | 70 | + 2 voltas | 13 | |
10 | 26 | Carroll Shelby | Aston Martin | 70 | + 2 voltas | 19 | |
11 | 40 | Colin Davis | Cooper-Maserati | 68 | + 4 voltas | 18 | |
12 | 10 | Giorgio Scarlatti | Cooper-Climax | 68 | + 4 voltas | 12 | |
13 | 4 | Ron Flockhart | BRM | 67 | + 5 voltas | 15 | |
14 | 42 | Ian Burgess | Cooper-Maserati | 67 | + 5 voltas | 16 | |
15 | 28 | Giulio Cabianca | Maserati | 64 | + 8 voltas | 21 | |
Ret | 24 | Roy Salvadori | Aston Martin | 44 | Motor | 17 | |
Ret | 8 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 22 | Motor | 9 | |
Ret | 22 | Jack Fairman | Cooper-Maserati | 18 | Motor | 12 | |
Ret | 20 | Innes Ireland | Lotus-Climax | 14 | Freos | 14 | |
Ret | 18 | Graham Hill | Lotus-Climax | 1 | Embrague | 10 | |
Ret | 30 | Tony Brooks | Ferrari | 0 | Embrague | 2 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Portugal de 1959 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1958 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1960 |