Saltar ao contido

Gregorio Mayans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gregorio Mayans y Siscar»)
Modelo:BiografíaGregorio Mayans

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1699 Editar o valor en Wikidata
Oliva, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de decembro de 1781 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor de non ficción, catedrático, bibliotecario, latinista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJuan Antonio Mayàns i Siscar Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1721071 Find a Grave: 21330763 Editar o valor en Wikidata


Gregorio Mayans y Siscar, nado en Oliva, Valencia, o 9 de maio de 1699 e finado na cidade de Valencia en 1781 foi un erudito, xurista, historiador e lingüista valenciano, principal representante, xunto co galego Benito Xerónimo Feijoo e os portugueses António Nunes Ribeiro Sanches e o Marqués de Pombal da primeira Ilustración na Península Ibérica.[1]

Estudou Dereito e Cultura clásica e se ocupou da Biblioteca Real. Mantivo correspondencia con intelectuais, participando en polémicas con eles.[2] Era o irmán maior do, tamén, erudito Joan Antoni Maians (1718-1801), continuador da súa obra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gregorio Mayans y Siscar foi unha figura destacada na Ilustración da Península Ibérica. A súa obra é vasta e abarca múltiples campos, da filoloxía até a historia, mostrando un fondo interese pola literatura. Centrou a súa atención na tradición clásica e na recuperación e edición de textos antigos de autores valencianos.[3] A súa correspondencia, na que intercambiou ideas con outros eruditos da época, serviu como un valioso rexistro da vida intelectual europea durante o período.

Ademais da súa paixón pola literatura e a historia, Mayans tamén se adentrou no campo xurídico, asinando como generosus valentinus.[4] Buscou a renovación do pensamento relativo á Xustiza e o Dereito da súa época, subliñando a importancia da razón e da equidade.

Dentro da súa produción, destaca Defensa de la historia, onde se pronuncia sobre a necesidade de exactitude e crítica no tratamento da historia, en oposición a relatos e interpretacións míticas ou nesgadas.[5]

  1. Fernando Durán López (2005), Vidas de sabios: el nacimiento de la autobiografía moderna en España (1733-1848), Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Anejos de Revista de Literatura, 65), pág. 119. ISBN 9788400083113
  2. Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 2023-09-12. 
  3. Piqueras, isabel. "Una figura de primer orden: Gregorio Mayans". Historia de Valencia s.XVIII (en castelán). Consultado o 2023-09-12. 
  4. "Gregorio Mayans y Siscar". dbe.rah.es ; Real Academia de la Historia. Consultado o 2023-09-12. 
  5. Sanchis, Antonio Mestre; Mestre, Antonio (2001). Historia, fueros y actitudes políticas: Mayans y la historiografía del XVIII (en castelán). Universitat de València. ISBN 978-84-370-4931-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]