Griot
O griot ou jeli (djeli ou djéli en francés) é unha figura tradicional de África Occidental encargado de narrar historias. Constitúe unha síntese de cantante e poeta de carácter ambulante, e que está considerado como o depositario da tradición oral destes pobos. Malia que os griots deben memorizar sen erros moitas cancións e tradicións populares, teñen a habilidade de traducilos a contextos contemporáneos.[1]
Os griots esténdense por varios países de África Occidental: Malí, Gambia, Guinea, Sáhara Occidental e o Senegal, e están presentes entre os pobos Mande (Mandinka, Malinké, Bambara etc), Fulɓe (Fula), hausa, songhai, Tukulóor, wolof, Serer, mossi, Dagomba, árabes mauritanos e outros grupos menores. O termo «griot» provén probablemente da transliteración ao francés, «guiriot», da palabra galego-potuguesa «criado».[2]
Denominación
[editar | editar a fonte]Nas linguas africanas reciben moitos nomes:
- Jeli nas zonas setentrionais dos Mande.
- Jali nas meridionais dos Mande.
- Guewel en wolof
- Gawlo en pulaar (Fula)
- Igiiw (ou igawen) en árabe Hassaniyya.
Os griots son unha caste endogámica, isto é, é a través do sangue que se transmite esta sabedoría e só a través del se pode acceder a ocupar esta función social.
Griots modernos
[editar | editar a fonte]Dado que estes homes son os depositarios da historia do seu pobo, unha tradición que se transmite oralmente a través das músicas e poemas, e debido tamén ao seu carácter inmediato e de cultura en presente, que inclúe a sátira e a crítica social, son moitos os que viron unha continuidade entre estas tradicións da África Occidental e novos artistas e personaxes do mundo actual, especialmente entre aqueles de orixe africana.
Foron moitas as persoas que se sentiron influídas por estas figuras e é habitual relacionar aos Griots con movementos modernos coma o hip hop ou as músicas xamaicanas cun contido máis especificamnete político. Algúns mesmo se reivindicaron coma griots modernos. Este termo, por tanto, é bastante acaído para referirse a unha gran cantidade de artistas afroamericanos que mesturan no seu estilo canción, rapeo e declamación poética, cun forte contido crítico político-social, caso dos Watts Prophets, Last Poets, Mutabaruka, Linton Kwesi Johnson, Saul Williams, Gil Scott-Heron etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goethe Institute (ed.). "Os Griots de África Oriental: moito máis que contadores de historias.". Consultado o 23 de outubro de 2015.
- ↑ Baba, the story-teller. (ed.). "Origin of the Word Griot.". Consultado o 23 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Griot |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Griot Arquivado 25 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Enciclopedia Británica.