Guillar, Outeiro de Rei
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guillar.
Guillar | |
---|---|
Pombal de Guillar | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°04′05″N 7°36′50″O / 43.0679843, -7.6137886 |
Poboación | 1105 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Guillar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 721 habitantes, deles 386 eran homes e 335 eran mulleres, o que supón un incremento de 33 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No castro de Tourón, sito preto da aldea do Castro, foron achados restos castrexos e romanos: muíños de pedra, vasillas, machadas..
Na parroquia hai dous cruceiros, un do ano 1840 e outro de 1896, así como o pombal de Guillar.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Antonio e a Virxe do Rosario o segundo domingo de xuño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa parroquial
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Guillar
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Guillar no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Os Alargos | Buxán | O Castro | Cupeiro | Guillar | Marcelle | Matelos | A Ponte Nova | O Salete | San Martiño |