Hermandad de Campoo de Suso
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Hermandad de Campoo de Suso | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.616 (2024) (7,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 222,65 km² | ||||
Altitude | 886 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Hermandad | Pedro Luis Antonio Gutiérrez González | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39032 | ||||
A Hermandad de Campoo de Suso é un concello español da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da comarca de Campoo-Los Valles. En 2015 tiña unha poboación de 1.679 habitantes. Limita ao norte con Polaciones, Mancomunidad de Campoo-Cabuérniga e Los Tojos, ao leste con Campoo de Enmedio e Valdeolea, e ao sur coa provincia de Palencia, da que está separada pola serra de Híjar. É o segundo municipio de Cantabria por extensión, só por detrás de Valderredible, ocupando case todo o val do Híjar. Na localidade de Fontibre ten o seu nacemento o río Ebro.
Está formado polas localidades de Abiada, Argüeso, Barrio, Brañavieja, Camino, Celada de los Calderones, Entrambasaguas, Espinilla (capital), Fontibre, Hoz de Abiada, Izara, La Lomba, Mazandrero, La Miña, Naveda, Ormas, Paracuelles, Población de Suso, Proaño, Salces, La Serna, Soto, Suano, Villacantid e Villar.
Curiosamente o municipio conservou o nome de "Hermandad" (Irmandade), palabra que na Idade Media facía referencia á unión de concellos. Outros municipios da comarca como Campoo de Enmedio ou Campoo de Yuso, que tamén eran irmandades, eliminaron devandito título ao converterse en municipio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermandad de Campoo de Suso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información turística Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)