Hilario de Poitiers
Nome orixinal | (la) Hilarius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 315 Poitiers, Francia |
Morte | 367 (51/52 anos) Poitiers, Francia |
Bispo diocesano | |
353 – – Venance Fortunat → Diocese: Arquidiocese de Poitiers (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, escritor, scholaster (pt) , filósofo, sacerdote católico, bispo católico |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 14 de xaneiro (Igrexa ortodoxa) 14 de xaneiro 14 de xaneiro 14 de xaneiro 13 de xaneiro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | wife of Hilary of Poitiers |
Fillos | Abra de Poitiers |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok De viris illustribus Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Hilario de Poitiers nado en Poitiers aproximadamente no 310 e finado en 367 é un doutor da Igrexa Católica
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criado nunha familia pagá, estudou retórica e filosofía e converteuse ao cristianismo no 345 cando foi bautizado xunto coa súa muller e a súa filla Abra. Foi elixido bispo polos fieis da súa cidade no 354. Tras o sínodo de Beziers do ano 356, foi considerado herexe polos arianos e desterrado da Galia por orde do emperador Constancio II. Tivo que refuxiarse en Frixia nun ambiente tamén moi influído polo arianismo. É chamativo o seu Contra Constantium Augustum liber onde acusa ao emperador de tirano, de inmiscuírse nos temas da Igrexa e mesmo chega a comparalo co Anticristo.
Escribiu varios tratados defendendo a dobre natureza humana e divina de Xesús de Nazaret e a divindade do Verbo encarnado nel consonte o Credo do Concilio de Nicea. En Occidente se lle compara coa figura de Atanasio de Alexandría en Oriente.
No 361 levantóuselle o desterro e puido exercer o seu labor doutrinal, pastoral e de axuda aos desfavorecidos na Galia. Procurou fórmulas de consenso, sendo tolerante con aqueles que non pasaban de recoñecer unha semellanza entre Deus Pai e o Verbo pero sen identificar neles unha soa natureza. Este vontade de diálogo en concordia cos semiarianos recibiu duros reproches do bispo Lucifer de Cagliari, partidario dun rigor dogmático e da exclusión dos presbíteros que antano profesaran a fe ariana. Hilario era proclive á reconciliación.
Ao redor do 364, preocupado pola deriva arianista da importante sé de Milán, dirixiuse a esta cidade imperial para contradicir ao seu bispo Auxentio. O emperador Valentiniano I amparou a Auxentio e ordenou a Hilario saír de Milán. Consta a súa relación con Martiño de Tours.
Aínda que se lle atribúe a introdución de determinados cantos ou himnos na liturxia, a súa autoría concreta é discutida.
En 1851 Pío IX proclamouno doutor da Igrexa. A súa festa é o 13 de xaneiro.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Hilario de Poitiers entende que a Escritura debe ser comprendida como unha preparación do anuncio da salvación de Xesucristo. Impulsor da oración dos salmos, sostén que estes deben ser interpretados á luz do anuncio evanxélico. Defende a unidade de Deus entendédoa como unha relación de amor entre tres persoas consustanciais, onde todo procede do Pai, a través do Fillo no don do Espírito.
Non pode encontrarse nada que falte a plenitude tan grande, na que converxen no Pai, no Fillo e no Espírito Santo a inmensidade no Eterno, a revelación na Imaxe, a alegría no DonDe Trinitate
Deus só sabe ser amor, e só sabe ser Pai. E quen ama non é envexoso, e quen é Pai o é totalmente. Este nome non admite compromisos, como se Deus fose Pai en certos aspectos e noutros nonDe Trinitate
Obras
[editar | editar a fonte]- Comentario ao Evanxeo de Mateo
- De Trinitate
- Contra Constantium Augustum liber
- Contra Arianos vel Auxentium Mediolanemsem liber
- Libro dos Sínodos
- Tratado sobre os Salmos