Saltar ao contido

Himnos homéricos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Himnos homéricos son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas épicos gregos. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de Demeter, se remonta á época de Hesíodo.

Cada himno está dedicado a un deus, e destinábase a ser cantado polo aedo en forma de preludio ou proemio (do grego antigo προοίμιον prooímion), antes de pasar a unha obra máis longa. Os Himnos homéricos varían no seu obxecto, o seu tamaño (de cinco a cincocentos cincuenta versos), a súa época de redacción (entre o século -VII e o IV): poucas son as cousas que teñen en común os poemas desta colección

O epíteto de « homérico », que lles outorgan, só se debe á súa métrica común, o hexámetro dactílico, verso da epopea. Entre os factores de homoxeneidade entre estas obras, atopamos igualmente certas fórmulas idénticas, anunciando que despois do Himno homérico ía seguir outro poema: …Saúde a ti, e heite cantar noutro himno.

Principais himnos

[editar | editar a fonte]

Os himnos máis interesantes son as pezas de maior amplitude:

  • o Himno a Deméter conta a fundación dos Misterios de Eleusis.
  • o Himno a Hermes é unha marabilla de parodia das epopeas, cuxo propósito burlesco é contar as fazañas que fixo Hermes nas primeiras horas da súa vida.
  • o Himno a Apolo ten por obxecto o establecemento polo deus dos seus ritos. Trátase de literatura en movemento: a través da enumeración de illas e cidades das que toma posesión o deus en todo o mundo grego, instituíndo aquí e alá os seus santuarios e misterios. Un posíbel autor desta obra, ou de partes dela, é Cineto de Quíos, considerado un homérida.
  • o Himno a Afrodita descríbea como vítima de si mesma, ao sucumbir aos encantos de Anquises.
  • o Himno a Dioniso é a descrición do espanto que inspira o deus a unha tripulación á que toma como reféns e masacra.
  • o Himno a Pan brilla polo seu estilo, moi rebuscado e digno das sutilezas máis finas do Alexandrinismo.
  • o Himno a Ares é menos homérico que órfico: constitúe une aproximación relativamente revolucionaria á concepción da relación entre homes e deuses, xa que nel se invoca ao deus das carnaxes para impedilas: pídeselle ao deus que preserve ao crente dos seus atributos, no canto de lle solicitar participar deles. De feito, este himno é moi tardío.
  • os himnos ao Sol e a Lúa son dignos de mención pola súa simetría e o fondo astrolóxico que evocan.

Lista completa dos himnos

[editar | editar a fonte]
  1. A Dioniso.
  2. A Deméter (ver Himno homérico a Deméter).
  3. A Hermes.
  4. A Afrodita.
  5. A Afrodita.
  6. A Dioniso.
  7. A Ares.
  8. A Ártemis.
  9. A Afrodita.
  10. A Atenea.
  11. A Hera.
  12. A Deméter.
  13. Á Nai dos deuses (Rea/Cibeles).
  14. A Heracles de corazón de león.
  15. A Asclepio.
  16. Aos Dióscuros.
  17. A Hermes.
  18. A Pan.
  19. A Hefesto.
  20. A Apolo.
  21. A Poseidón.
  22. Ao todopoderos fillo de Crono (Zeus).
  23. A Hestia.
  24. Ás Musas e a Apolo.
  25. A Dioniso.
  26. A Artemis.
  27. A Atenea.
  28. A Hestia.
  29. Á Terra, nai de todo (Gaia).
  30. A Helio.
  31. A Selene.
  32. Aos Dióscuros.

Os Himnos homéricos seguen a ser unha obra mal coñecida, aos que a crítica ten considerado a miúdo dentro do grupo escuro dos minora, utilizado a maior parte do tempo para facer resaltar obras maiores, como os Himnos órficos, a epopea homérica, as obras de Hesíodo ou de Calímaco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Homère, Hymnes, texte établi et traduit par Jean Humbert, París, Belles Lettres, 1938, texto grego e tradución francesa (en francés).
  • Hésiode, Théogonie et autres poèmes, suivi des Hymnes homériques, édition de Jean-Louis Backès, Gallimard, Folio, 2001 (tradución francesa).