Hora punta (filme)
Hora punta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rush Hour |
Director | Brett Ratner |
Produtor | Roger Birnbaum Jonathan Glickman Athur M. Sarkissian |
Guión | Jim Kouf, sobre unha historia orixinal de Ross LaManna |
Intérpretes | Jackie Chan Chris Tucker Tom Wilkinson Philip Baker Hall Mark Rolston Tzi Ma Rex Linn Ken Leung Chris Penn Elizabeth Pena Clifton Powell Julia Hsu |
Música | Lalo Schifrin Ira Hearshen |
Fotografía | Adam Greenberg |
Montaxe | Mark Helfrich |
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 18 de setembro de 1998 29 de outubro de 2011 (TVG) |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | 35 millóns de dólares |
Filme seguinte | Rush Hour 2 (2001) |
Na rede | |
Hora punta (en inglés: Rush Hour) é un filme de 1998 de acción dirixido por Brett Ratner e que ten como protagonistas a Jackie Chan e a Chris Tucker. Estreouse en galego na TVG o 29 de outubro de 2011.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un grupo de mafiosos comandados por Juntao (Tom Wilkinson) tentan contrabandear pezas importantes da cultura chinesa, mais non o dan conseguido grazas ao inspector Lee (Jackie Chan) en Hong Kong. O cónsul Han (Tzi Ma), un vello amigo de Lee, mudarase a vivir aos Ánxeles para traballar de diplomático. Alí, Juntao planea unha vinganza e secuestra a filla do cónsul, e este, que non confía totalmente no FBI, chama o inspector Lee para axudar na misión de rescatar a súa filla. A policía dos Ánxeles non cren que o detective Lee lles vaia axudar en nada, polo que o poñen ao cargo dun detective medio rebelde e panoco, James Carter (Chris Tucker). Despois de descubrir as intencións do FBI de arredalos da investigación, James e Lee póñense a buscar seriamente á cativa secuestrada.
Secuelas
[editar | editar a fonte]Unha secuela, Hora punta 2, foi feita no 2001, principalmente ambientada en Hong Kong. Unha terceira película, Hora punta 3, estreouse no 2007, a cal se ambientou principalmente en París.
Falouse de facer unha cuarta película ambienta en Moscova.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hora Punta na TVG". Diario Siglo XXI. 27 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
- ↑ "'Rush Hour 4' is Set in Moscow". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2009.