Iconoloxía
Chámase iconoloxía á póla da simboloxía e da semioloxía que estuda as denominacións visuais da arte, por exemplo a representación das virtudes, vicios e outras cousas morais ou naturais, coa figura ou aparencia de persoas.
Características
[editar | editar a fonte]Por extensión, trátase da ciencia que estuda as imaxes, emblemas, alegorías e monumentos con que os artistas representaron aos personaxes mitolóxicos, relixiosos ou históricos, e diferénciase da iconografía en que esta ten por fin a sinxela descrición de imaxes, mentres que a iconoloxía estúdaas en todos os seus aspectos, compáraas e clasifícaas, chegando ata formular leis ou regras para coñecer a súa antigüídade e diversos significados e interpretacións.
A iconoloxía considerada en toda a súa amplitude pode dividirse en tres pólas en razón do obxecto representado:
- Iconoloxía pagá. Comprende as imaxes propias da idolatría ou relixións non cristiás.
- Iconoloxía profana ou civil. Comprende as figuras de personaxes históricos que non sexan obxecto de culto relixioso.
- Iconoloxía relixiosa. Refírese a Deus, aos anxos, santos e outras imaxes procedentes da relixión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Erwin Panofsky, o fundador da iconoloxía como disciplina académica.
- Santiago Sebastián, representante desta escola en España