Igrexa de San Salvador de Padróns
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Igrexa de San Salvador de Padróns | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Padróns | |
País | España |
Localización | Padróns (Ponteareas) |
Coordenadas | 42°13′33″N 8°31′57″O / 42.22583333, -8.5325Coordenadas: 42°13′33″N 8°31′57″O / 42.22583333, -8.5325 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Salvador de Padróns é a igrexa parroquial de Padróns no concello de Ponteareas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Da edificación antiga só se conservan algunhas seteiras nos muros sur e norte da ábsida e a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII.
A portada occidental é de gardapós axadrezado con tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finas mediacanas e a inferior de dúas filas de floróns.
O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas terminadas en volutas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portada occidental.
-
Mocheta decorada cun anxo con cartela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Salvador de Padróns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Salvador de Padróns na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.