Illa Revillagigedo
(en) Revillagigedo Island | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Alexander | |||
Localización | ||||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 1.321 m | |||
Dimensións | 56 () × 80 () km | |||
Superficie | 2.965 km² | |||
A illa Revillagigedo é unha das principais illas do arquipélago Alexander, pertencente ao Ketchikan Gateway Borough, na rexión sueste do estado de Alasca, nos Estados Unidos. Ten unha superficie de 2.754´8 km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa Revillagigedo está separada da parte continental de Alasca, ao leste, pola canle de Behm; da Illa Príncipe de Gales, ao oeste, polas augas do estreito Clarence; da illa Annette, ao sur, pola canle de Revillagigedo e a pasaxe Nichols. Ten unha lonxitude duns 89 quilómetros, en dirección aproximada norte-sur e unha anchura duns 48 km, este-oeste.
A poboación da illa era de 13.950 persoas no censo de 2000. As únicas cidades da illa son Ketchikan (7.368 hab. en 2007) e Saxman (431 hab.). As principais industrias son a pesca, consérvas, o corte de árbores e o turismo. Ademais das cidades fixas, hai varios barcos factorias destas comunidades que se moven cerca. Estes serven ao desconectado sistema de camiños forestais que salpican a illa.
Os residentes da illa non utilizan o nome completo de «Revillagigedo» e chámana simplemente «Revilla» (pronunciado:/rəˈvɪlə/).
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi explorada polos exploradores rusos, británicos e españois no século XVIII e foi nomeada por estes últimos en honra de Juan Vicente de Güemes Pacheco y Padilla, 2 º Conde de Revillagigedo, entón vicerrei de México, en 1793.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Revillagigedo Island, The Columbia Gazetteer of North America.