Illas da Raíña Isabel
Tipo | grupo de illas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Isabel II do Reino Unido | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Nunavut, Canadá e Territorios do Noroeste, Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.616 m | ||||
Punto máis alto | Pico Barbeau (2.616 m ) | ||||
Superficie | 419.061 km² | ||||
As Illas da Raíña Isabel (inglés: Queen Elisabeth Islands; francés: Îles de Réinea-Élisabeth; oficialmente coñecidas como Parry Islands) son o grupo de illas máis setentrional das Illas árticas canadenses. Atópanse entre os Territorios Nunavut e Territorios do Noroeste.
Algunhas delas son das máis grandes do mundo, sendo a maior a Illa de Baffin. Outras illas maiores son a Illa Ellesmere, Illa de Amund Ringnes, Axel Heiberg, Bathurst, Illa Borden, Illa Cornwall, Illa Cornwallis, Illa Devon, Illa Eglinton, Illa Ellef Ringnes, Illa Mackenzie King, Illa Melville e a Illa Prince Patrick.
As illas xuntas abarcan unha área de 418.961 km². O arquipélago recibiu o nome en honor a Isabel II, con motivo do seu coroación como Raíña do Canadá en 1953. A maioría atópanse deshabitadas, sendo a súa industria principal a extracción de petróleo. Os maiores municipios son as aldeas Resolute, na Illa Cornwallis e Grise Fiord, na Illa Ellesmere.
As illas foron descubertas polos europeos en 1616, pero non foron completamente exploradas e cartografadas ata as expedicións británicas e noruegas do século XIX. A maioría delas foron exploradas por William Parry, de cuxo nome deriva a denominación oficial.