Imposta
Aparencia
Imposta o saínte prismático ou ringleira de perpiaños a modo de capitel rudimentario que se sobresae dun muro e sobre o que apea un arco ou unha bóveda.[1] Na arquitectura clásica, a imposta é á xamba como o capitel á columna.
Tamén se denomina imposta a faixa saínte no paramento exterior dun edificio que indica a división dos pisos. Pode recibir os nomes de imposta corrida, corón ou cincho.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. Consultado o 28 de outubro de 2022