Iskra
Iskra Из искры возгорится пламя | |
---|---|
Primeira edición de Iskra | |
Tipo | Gaceta |
Formato de páxina | tabloide |
Fundación | 1 de decembro de 1900 |
Remata | 1905 |
Director | Vladimir Ilich Lenin |
Fundador | Vladimir Ilich Lenin |
Editor | Vladimir Ilich Lenin, Pàvel Akselrod, Vera Zasulich, Julius Martov, Georgii Plekhanov, Alexander Potresov |
Tendencia | socialista, POSDR |
Lingua | ruso |
Ámbito | (Imperio ruso) |
Tiraxe | 8.000 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Iskra ( Искра en ruso, a faísca ) foi unha publicación política de emigrantes socialistas rusos procedentes do POSDR. Estivo dirixido por Lenin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A fundación débese a Lenin, que tras abandonar Siberia en xaneiro de 1900,[1] pensou que, dada a imposibilidade de publicar un xornal en Rusia, debíase facer no estranxeiro polo que a primeira edición foi publicada na cidade alemá de Leipzig[2] o 1 de decembro de 1900. As outras edicións publicáronse en Múnic entre 1900 e 1902; a partir de xullo de 1902, durante a estancia de Lenin en Londres entre 1902 e 1903 a publicación foi editada desde unha pequena oficina no número 37 de Clerkenwell Green en Londres[3] e, a partir, de 1903 en Xenebra.
O comité editorial do periódico estaba formado por Lenin, Pàvel Akselrod, Vera Zasulich, Julius Martov, Georgii Plekhanov, e Alexander Potresov. Posteriormente, agregouse Trotsky tras escapar do tsarismo.
O xornal tivo un importante papel no II Congreso do POSDR pois publicou un borrador que serviu para a preparación do congreso (xullo-agosto 1903). No percurso do congreso, produciuse a división entre bolxeviques e menxeviques.[4] Lenin abandonou o xornal en novembro de 1903 e dende entón foi un xornal menxevique no que Plekhanov recuperou aos editores anteriores até 1905. Lenin fundará outro xornal, xa enteiramente bolxevique: Vpériod (Adiante).[5]
A publicación chegou a ter unha tirada de 8.000 copias de media. O lema de Iskra foi " Из искры возгорится пламя " ("Dunha faísca o lume revivirá"), unha liña da resposta[6] de Aleksandr Odoievski ao poema[7] de Aleksandr Puixkin dirixido a prisioneiros anti-tsaristas en Siberia .
Algúns dos traballadores da publicación participaron na revolución de outubro de 1917 .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rojas (2017)
- ↑ "Iskra". marxists.org (en francés). Consultado o 19-5-2019.
- ↑ Glancey, Jonathan (21-6-2004). "Return of the radicals". theguardian.com (en inglés). Consultado o 23-05-2019.
- ↑ Emu (2010), p. 221
- ↑ Bolinaga (2010), p. 83
- ↑ "Александр Одоевский". decemb.hobby.ru (en ruso). Consultado o 23-05-2019.
- ↑ "1827". rvb.ru (en ruso). Consultado o 23-5-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iskra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bolinaga Irasuegui, Iñigo (2010). Breve historia de la Revolución rusa (en castelán). Madrid: Nowtilus. ISBN 978-84-9763-278-2.
- Emu, Vasile (2010). Nacido en la URSS (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-96797-17-8.
- Rojas, Mauricio (2017). Lenin y el totalitarismo (ebook) (en castelán). Barcelona: Debate. ISBN 9789569545498.