Jīnxiāo duō zhēnzhòng
Jīnxiāo duō zhēnzhòng | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 今宵多珍重 |
Director | Wayne Peng |
Produtor | Chen Chi-yuan Wayne Peng |
Guión | Wayne Peng |
Intérpretes | Chuando Tan Nanyeli Chang Tsu-lei Lydia Lau King-man Chen Yixin Xiang Yun Tay Ping Hui |
Música | Evan Roberts |
Fotografía | Wayne Peng |
Montaxe | Lawrence Ang |
Estudio | Pure Films Infinite Frameworks Pte. Ltd. |
Distribuidora | mm2 Entertainment |
Estrea | 5 de novembro de 2020 |
Duración | 80 minutos[1] |
Orixe | Singapur Taiwán |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
Jīnxiāo duō zhēnzhòng (en chinés: 今宵多珍重) é un filme de 2020 producido por Singapur e Taiwán escrito e dirixido por Wayne Peng. Está protagonizado por Chuando Tan, Nayeli, Chang Tsu-lei, Lydia Lau King-man, Chen Yixin, Xiang Yun e Tay Ping Hui.[2] O filme estreouse na 57ª edición do Golden Horse Film Festival o 5 de novembro de 2020.[3][4] Estreouse oficialmente en Singapur o 29 de abril de 2021. Recibiu dous nomeamentos nos premios Golden Horse, incluíndo mellor fotografía para Wayne e mellor maquillaxe e deseño de vestiario para Lim Sau-hoong.[5][6] Foi escollido como candidato de Singapur para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[7][8] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Na década de 1960 en Singapur, a historia segue a un médico de 30 anos (Chuando Tan) que se ve atrapado nunha rede de enganos, sexo e mentiras. O filme é un drama de asasinato que xira arredor dun médico que fai unha chamada telefónica a unha familia misteriosa e adiñeirada.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Chuando Tan
- Nayeli Nan
- Chang Tsu-lei
- Lydia Lau King-man
- Chen Yixin
- Xiang Yun
- Tay Ping Hui
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Precious Is the Night". douban. Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "今宵多珍重 张子蕾 穿两件内衣裤演出激情戏". Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "Precious Is the Night". Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "Precious Is The Night Review: Chuando Tan Puts Modelling Skills To Good Use In Slick Commercial Disguised As Mystery Thriller". Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "台北金馬影展 57th Taipei Golden Horse Film Festival". Taipei Golden Horse Film Festival. Consultado o 2021-07-13.
- ↑ "彭文淳, 想不到的绝 Wayne Peng Thrills Us With His Movie And…". Consultado o 13 de xullo de 2021.
- ↑ "Oscars Race: Singapore Selects ‘Precious is the Night’ as Awards Contender". Variety. 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Precious Is The Night is Singapore's Oscar entry in 2022". The Straits Times. 27 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Singapur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jīnxiāo duō zhēnzhòng na IMDb (en inglés).