Jeff Xavier
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1985 (39 anos) Pawtucket, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | St. Raphael Academy (en) Manhattan University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América Cabo Verde | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2015 | FIBA Afrobasket 2015 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | FIBA Africa Championship 2009 (en) |
Jeffrey Nunes Xavier, nado o 7 de setembro de 1985 en Pawtucket (Rhode Island, Estados Unidos), é un ex-xogador profesional de baloncesto internacional caboverdiano. Cunha estatura de 1,86 metros xogaba na posición de escolta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jeff Xavier graduouse no instituto St. Raphael Academy da súa cidade de natal, Pawtucket, en 2004, recibindo unha bolsa para xogar ao ano seguinte coa Universidade de Manhattan na NCAA. As súas boas actuacións nesa universidade fixéronlle chegar unha oferta da Universidade de Providence, á cal non rexeitou. Segundo o regulamento da competición o troco de universidade supón unha penalización dun ano sen xogar, tempo que se adicou a adestrar, para finalmente poder xogar dúas temporadas cos Providence Friars.
Finalizada a súa etapa universitaria recibiu unha oferta do "Orlando National Tournament", incorporándose despois á selección nacional de Cabo Verde, coa que disputou o torneo "African Championships in Libya", conseguindo ser finalmente máximo anotador do campionato con 27,2 puntos por encontro. Posteriormente sería contrato para xogar na Liga LEB polo Club Baloncesto Breogán de Lugo, onde na tempada 2009-2010 conseguiu media de 12,9 puntos, 1,9 rebotes e 1,5 asistencias por encontro.
O 28 de novembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Básquet Coruña para o resto da tempada 2018-19.[1] Tras tempada e media na Coruña, Xavier anunciou a súa marcha do equipo laranxa.[2] En 2020 Xaveir asina polo Cáceres Patrimonio de la Humanidad, onde permanece unha temporada. Ao ano seguinte segue xogando en LEB Ouro, esta vez para o Unicaja Banco Oviedo. Despois da finalización da temporada, o xogador anuncia a súa retirada do baloncesto profesional.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Manhattan Jaspers (NCAA, 2004−2006)
- Penalización por troco de universidade (2006−2007)
- Providence Friars (NCAA, 2007−2009)
- Leche Río Breogán (LEB, 2009−2010)
- Cáceres Creativa (LEB, 2010−2011)
- Palencia Baloncesto (LEB, 2011−2012)
- Ford Burgos (LEB, 2012−2015)
- Medi Bayreuth (BBL, 2015−2016)
- Cafés Candelas Breogán (LEB, 2016)
- FC Porto (LPB, 2016−2017)
- UJAP Quimper 29 (LNB Pro B, 2017−2018)
- Leyma Coruña (LEB, 2018−2020)
- Cáceres Patrimonio de la Humanidad (LEB, 2020−2021)
- Unicaja Banco Oviedo (LEB, 2021−2022)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1985
- Nados en Rhode Island
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Cabo Verde
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto
- Xogadores do CD Maristas Palencia
- Xogadores do CB Atapuerca
- Xogadores do FC Porto (baloncesto)
- Xogadores do Club Básquet Coruña