Juan Carlos Verón Ramos
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1966 (58 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan Carlos Verón Ramos, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1966, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 1980–81 xogou co Racing de Santander en Segunda División, logrando o ascenso ao remate da campaña. Debutou en Primeira División o 20 de setembro de 1981 na primeira xornada do campionato, nun partido contra o Real Betis que rematou con vitoria (2–1) no que tamén marcou o seu primeiro gol na categoría. Na tempada 1982–83 descendeu á Segunda División.
Na tempada 1983–84 fichou polo RCD Mallorca, co que descendeu esa mesma campaña á Segunda División. Na súa seguinte campaña conseguiu un sétimo posto na clasificación, e desvinculouse do equipo balear tras xogar 64 partidos e anotar 7 goles.
Na tempada 1985–86 foi contratado polo Deportivo da Coruña, no que estivo dúas tempadas. Na súa primeira campaña como branquiazul, baixo as ordes de Txutxi Aranguren, conseguiu un sexto posto na clasificación. Na segunda tempada, a controvertida campaña 1986–87 de Segunda División, o equipo galego logrou un segundo posto na primeira fase, logrando xogar a seguinte fase de promoción de ascenso á Primeira División, onde caeron.
Na tempada 1987–88 volveu ao Racing de Santander onde estivo dúas tempadas, todas en Segunda División.