Juan Manuel de la Fuente
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1928 (96 anos) A Coruña, España |
Conselleiro da Xunta de Galicia | |
Actividade | |
Ocupación | economista, político |
Juan Manuel de la Fuente Esperante, nado na Coruña o 2 de xullo de 1928, é un economista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Económicas pola Universidade Complutense e técnico de Administración Civil do Estado. Traballou no Fondo Monetario Internacional e exerceu como delegado español na ONU e na Conferencia de Comercio e Desenvolvemento. Foi director de financiamento exterior do Ministerio de Economía.[1] Foi nomeado conselleiro de Industria e Enerxía da Xunta de Galicia o 15 de setembro de 1983, cesando o 31 de marzo de 1984. Foi director xeral de Función Pública da Xunta.
Predecesor: Ramón de Vicente Vázquez |
Conselleiro de Industria e Enerxía 1983 - 1984 |
Sucesor: Ramón Díaz del Río |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 16-9-1983, p. 15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fuente Esperante, Juan Manuel de la". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.