Saltar ao contido

Julius Benedict

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulius Benedict

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1804 Editar o valor en Wikidata
Stuttgart, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 1885 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor en Wikidata
Mestre de capela
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, compositor, pianista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1824 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Nepomuk Hummel (pt) Traducir e Carl Maria von Weber Editar o valor en Wikidata
AlumnosMary Paramore Comber (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMary Paramore Comber Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Dictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0070787 BNE: XX1496676 Musicbrainz: fa3a9b57-44bc-4c9b-9749-684f8792fdf7 Discogs: 1127576 IMSLP: Category:Benedict,_Julius Allmusic: mn0001612092 Editar o valor en Wikidata

Julius Benedict, nado o 27 de novembro de 1804 e finado o 5 de xuño de 1885, foi un compositor e director de orquestra nado en Alemaña e residente en Inglaterra a maior parte da súa vida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Benedict naceu en Stuttgart, fillo dun banqueiro xudeu, aprendeu a compoñer con Johann Nepomuk Hummel en Weimar e Carl Maria von Weber en Dresde; foi Weber quen lle presentou en Viena a Beethoven o 5 de outubro de 1823. Nese ano foi nomeado Kapellmeister do teatro Kärnthnerthor de Viena, e dous anos máis tarde, en 1825 Kapellmeister do teatro San Carlo en Nápoles.

En 1829 estreou a súa primeira ópera, Giacinta ed Ernesto, e en 1830 I Portoghesi in Goa, ningunha das dúas tivo éxito. En 1834 marchou a París e por consello de Maria Malibran marchou a Londres en 1835, onde conseguiu traballo na driección dunha empresa operística no Lyceum Theatre a opereta Un anno ed un giorno que xa estreara Benedict en Nápoles en 1836.

En 1838 converteuse en director da ópera inglesa no Theatre Royal Drury Lane, estreou aquí as óperas The Gipsy's Warning (1838), The Bride of Venice (1843) e The Crusaders (1846). En 1848 dirixiu o oratorio Elias de Felix Mendelssohn no Exeter Hall. En 1850 acompañou a Jenny Lind na súa xira por América. Á súa volta en 1852 converteuse no director musical do Her Majesty's Theatre e da Harmonic Union. Benedict escribiu a letra para a produción en 1860 dunha versión en italiano do Oberon de Weber, seguindo a tradición inglesa de representar as óperas alemás en italiano. Nese mesmo ano produciu a súa cantata Undine no Festival de Norwich.

A súa ópera máis coñecida, The Lily of Killarney, escrita baseada en The Colleen Bawn de Dion Boucicault segundo o libreto de John Oxenford e produciuno polo Covent Garden, estreouse o 10 de febreiro de 1862. En 1864 representouse a súa opereta The Bride of Song, o oratorio St Cecilia en 1868, St Peter en 1870, a cantata Graziella en 1882, convertida en ópera en 1883. Tamén elaborou unha sinfonía en 1873.

Benedict foi o director de todos os Festivais de Norwich Festival desde 1845 a 1878 e dos concertos da Liverpool Philharmonic Society entre 1876 e 1880. Tamén actuou como director dos máis dos concertos populares dos luns en Londres desde o seu comezo. En 1871 a raíña nomeouno cabaleiro.