Saltar ao contido

KK Igokea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igokea m:tel
Información xeral
Liga KSBiH / ABA
Fundación 23 de xullo de 1973
Cores                Azul, vermello, branco
Presidente Bosnia e Hercegovina Boris Spasojević
Adestrador Bosnia e Hercegovina Žarko Milaković
Localización
Cidade Bosnia e Hercegovina Laktaši, Bosnia e Herc.
Pavillón Sportska dvorana Laktaši
Capacidade 3.050
Inauguración 6 de outubro de 2010
Campionatos
Liga 6 (2001, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017)
Copa 6 (2007, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018)
igokea.rs

O Košarkaški klub Igokea (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб Игокеа), coñecido por motivos de patrocinio como Igokea m:tel, é un club de baloncesto de Laktaši (República Serbia, Bosnia e Hercegovina). Actualmente compite na Košarkaško prvenstvo Bosne i Hercegovine, a máxima competición do baloncesto bosníaco, así como na Liga do Adriático. Disputa os seus partidos como local no Sportska dvorana Laktaši, recinto con capacidade para 3.050 espectadores inaugurado en 2010. É un dos club dominadores do baloncesto bosníaco da década de 2010, con múltiples campionatos de Liga e Copa.

O club foi fundado o 23 de xullo de 1973 co nome de KK Potkozarje por un grupo de seareiros de Aleksandrovac que querían promocionar e ensinar os conceptos básicos do baloncesto entre a xuventude local. Con ese obxectivo, os primeiros éxitos do club chegan nas categorías de formación da antiga Iugoslavia. Na segunda metade da década de 1990, o club muda o seu nome a Igokea, pasando de dar pulo só as categorías inferiores a promocionar o seu equipo sénior. No ano 2000 constrúese un novo pavillón para o equipo, bautizado na honra de Nenad Baštinac, primeiro presidente do club. O primeiro título do Igokea chega tan só un ano despois, en 2001, cando os de Aleksandrovac conseguen gañar o campionato de Liga de Bosnia e Hercegovina. Seis anos máis tarde gañan o seu primeiro trofeo de Copa. No ano 2010, ao lograr o segundo posto na Liga, conseguen unha praza para xogar na Liga do Adiático (ABA Liga) por vez primeira na súa historia, mudándose ese mesmo ano a novo pavillón, o Sportska dvorana Laktaši, recinto con capacidaade para 3.0050 espectadores. Xa na década de 2010 convértense nun dos equipos dominadores do baloncesto bosníaco, chegando a participar en competición internacionais como a EuroCup.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas

[editar | editar a fonte]
  • Liga de Bosnia e Hercegovina
    • Campións (6): 2001, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017
  • Copa de Bosnia e Hercegovina
    • Campións (6): 2007, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]