Kapila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI a. C. |
Morte | valor descoñecido |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Período de actividade | (Con vida en: c. 550 a. C. ) |
Familia | |
Irmáns | Anasuya |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Kapila |
Kapila (en sánscrito: कपिल) é o nome dado a varias personaxes en textos antigos e medievais, dos que o máis coñecido é o fundador da escola Samkhya de filosofía hindú.[1][2] Kapila de Samkhya está considerado un sabio védico,[2][3] que se estima que viviu no século VI[4] ou VII a.C..[5]
Rishi Kapila está recoñecido como o autor do influente Samkhya-sutra, en que os sutras aforísticos presentan a filosofía dualista da Samkhya.[6] A influencia de Kapila sobre Buda e o budismo é obxecto de estudos académicos.[7][8]
Moitas personalidades históricas do hinduísmo e o xainismo, figuras míticas, lugares de peregrinación e mesmo unha antiga variedade de vacas levan o nome de Kapila.[5][9][10]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O nome Kapila aparece en moitos textos, e parece claro que se refire a persoas diferentes.[11][12] A referencia máis célebre é ao sabio Kapila e o seu alumno Āsuri, que na tradición india están considerados os primeiros mestres da escola Samkhya da filosofía hindú. Aínda que é anterior a Buda, non está claro en que século viviu; algúns suxiren que no século VI a.C.[4] Outros sitúano no século VII a.C.[11][13] Isto localízao no final do período védico (1500 a 500 a.C.), e el mesmo foi chamado sabio védico.[2][3]
Kapila está considerado o autor dunha sutra influente chamada Samkhya-sutra ou Kapila-sutra, que presenta mediante aforismos a filosofía dualista da Samkhya.[6][14] Estas sutras foron explicadas noutro texto do hinduísmo ben estudado chamado Samkhyakarika.[11] Ademais de nas teorías da Samkhya, apare en moitos diálogos de textos hindús, como na explicación e deensa do principio da Ahimsa (non violencia) no Mahabharata.[1]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Kapila, o fundador da Samkhya, foi moi reverenciado por varias escolas de filosofía hindú. Gaudapada (~500 a.C.), un estudoso da Advaita Vedanta, na súa Bhasya chamou a Kapila un dos sete grandes sabios, xunto con Sanaka, Sananda, Sanatana, Asuri, Vodhu e Pancasikha.[15] Vyasa, o estudoso do ioga, no seu Yogasutra-bhasya escribiu que Kapila era "o principal sabio, ou coñecedor".[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Dhand, Arti (2009). Woman as Fire, Woman as Sage. State University of New York Press. pp. 41–42. ISBN 978-0-7914-7988-9. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Editors of Encyclopædia Britannica (1998). The New Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica. p. 731. ISBN 978-0-85229-633-2. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016., Cita: "Kapila (fl. 550 BC), Vedic sage and founder of the system of Samkhya, one of the six schools of Vedic philosophy."
- ↑ 3,0 3,1 Jackson-Laufer, Guida Myrl (1994). Traditional Epics: A Literary Companion. Oxford University Press. p. 321. ISBN 978-0-19-510276-5. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2016., Cita: "Kapila was a Vedic sage (ca. 550 B.C.) and founder of the Samkhya school of Vedic philosophy.";
Haldane, John; Dronamraju, Krishna (2009). What I Require From Life. Oxford University Press. p. 225. ISBN 978-0-19-923770-8. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016. - ↑ 4,0 4,1 Kapila Arquivado 16 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Encyclopædia Britannica (2014)
- ↑ 5,0 5,1 Lochtefeld, James G. (2002). The Illustrated Encyclopedia of Hinduism: A-M. The Rosen Publishing Group. p. 350. ISBN 978-0-8239-3179-8. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Kapila (James Robert Ballantyne, Translator, 1865), The Sāmkhya aphorisms of Kapila en Google Books., pages 156–157
- ↑ Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, ISBN 81-206-1226-4, páxinas 9–10
- ↑ W. Woodhill Rockhill (2000 Reprint), The Life of the Buddha and the Early History of His Order, Routledge, ISBN 978-1-136-37937-6, páxinas 11–19
- ↑ Jacobsen, Knut A. (2013). Pilgrimage in the Hindu Tradition: Salvific Space. Routledge. pp. 114–115. ISBN 978-0-415-59038-9. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ Hemacandra; R. C. C. Fynes (tradutor) (1998). The Lives of the Jain Elders. Oxford University Press. pp. 144–146, Canto Seven, verses 1–19. ISBN 978-0-19-283227-6. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 PT Raju (1985), Structural Depths of Indian Thought, State University of New York Press, ISBN 978-0-88706-139-4, páxina 304
- ↑ Burley, M. (2009). "Kapila: Founder of Samkhya and Avatara of Visnu (with a Translation of Kapilasurisamvada). By Knut A. Jacobsen.". The Journal of Hindu Studies (Oxford University Press) 2 (2): 244–246. doi:10.1093/jhs/hip013.
- ↑ Herman, A. L. (1983). An Introduction to Buddhist Thought: A Philosophic History of Indian Buddhism. University Press of America. p. 178. ISBN 978-0-8191-3595-7. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, ISBN 81-206-1226-4, páxina 10 con nota ao pé
- ↑ 15,0 15,1 Larson, Gerald James; =Potter, Karl H.; Bhattacharya, Ram Shankar (1987). The Encyclopedia of Indian Philosophies: Sāṃkhya, Volume 4 of The Encyclopedia of Indian Philosophies. Princeton University Press, (Reprint: Motilal Banarsidass). p. 108. ISBN 978-0-691-60441-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kapila |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- von Glasenapp, Helmuth (1999). Jainism: An Indian Religion of Salvation [Der Jainismus: Eine Indische Erlosungsreligion]. Shridhar B. Shrotri (trans.). Delhi: Motilal Banarsidass. ISBN 81-208-1376-6.
- Flood, Gavin D. (1996). An Introduction to Hinduism. Cambridge University Press.
- Witzel, Michael (1995). Early Sanskritization: Origin and Development of the Kuru state (PDF). EJVS 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de xuño de 2020.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Sánkhya Aphorisms of Kapila, 1885 traducido por James R. Ballantyne, editado por Fitzedward Hall.