Saltar ao contido

Kauffman Stadium

Kauffman Stadium
Datos
Coordenadas39°03′05″N 94°28′50″O / 39.051388888889, -94.480555555556
LocalizaciónKansas City, Estados Unidos
AlcumeThe K
Nomes antigosRoyals Stadium (1973–1993)
Construción
Construción11 de xullo de 1968
Inauguración10 de abril de 1973
Renovación2007–2009
ArquitectoKivett and Myers
Populous (renovacións)
EnxeñeiroBob D. Campbell & Co.
Custo$70 millóns (1973)
$250 millóns (2010, renovación)
Estadio
SuperficieKentucky Bluegrass (herba natural)
DimensiónsLeft Field – 330 ft (101 m)
Left-Center – 387 ft (118 m)
Center Field – 410 ft (125 m)
Right-Center – 387 ft (118 m)
Right Field – 330 ft (101 m)
Backstop – 60 ft (18 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade37.903 (con bancadas de pé 40.625)
Asist. máxima41.860 (26 de xullo de 1980)
Yankees 5−4 Royals (MLB)
PropietarioJackson Sports Complex Authority
OperadoraJackson Sports Complex Authority
LocalíaKansas City Royals (1973– )
Webhttps://www.mlb.com/royals/ballpark
editar datos en Wikidata ]

O Kauffman Stadium (/ˈkɔːfmən/), a miñudo chamado "The K", é un parque de béisbol situado en Kansas City, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos Kansas City Royals das Ligas Maiores (MLB). É parte do Complexo Deportivo Truman xunto co Arrowhead Stadium, lar dos Kansas City Chiefs da National Football League (NFL). Inaugurado en 1973 co nome de Royals Stadium,[1] o 2 de xullo de 1993 aquiriu o seu actual nome na honra de Ewing Kauffman, fundador e primeiro propietario da franquía. Actualmente, é o único estadio da Liga Americana que leva o nome dunha persoa e un dos únicos dez de toda a competición que non ten nome patrocinado por unha empresa.

O Kauffman Stadium foi construído especificamente para a práctica do béisbol nunha época na que o habitual era a construción de recintos multiúsos. Está considerado ademais, xunto co Dodger Stadium dos Ánxeles, como un dos mellores exemplos de estadio con deseño modernista. Con capacidade para 37.903 espectadores,[2] é o sexto estadio máis antigo da MLB. Con todo, entre 2007 e 2009 foi renoovado por valor de 250 millóns de dólares. Entre outros eventos, o estadio acolleu dous All-Star (1973 e 2012) e xogos de catro Series Mundiais (1980, 1985, 2014 e 2015).

  1. "History of Kauffman Stadium". KansasCity.Royals.MLB. Kansas City Royals. 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  2. "More About the K". KansasCity.Royals.MLB. Kansas City Royals. 2016. Consultado o 1 de abril 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]