Kermes roboris
Kermes roboris | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Kermes roboris (Fourcroy, 1785) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Kermes roboris é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos,[1] unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[2]
É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1785 polo químico, político e entomólogo francés Antoine François de Fourcroy, baixo o nome de Chermes roboris.[3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Kermes.
O epíteto específico, roboris é o xenitivo do nome do latín clásico rōbur, rōboris, "carballo".[5] Literalmente: "do carballo".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Chermes roboris Fourcroy, 1785 (protónimo)
- Chermes variegatus Olivier, 1792
- Coccus pallidus Cockerell, 1929
- Coccus roboris Cockerell, 1929
- Coccus variegatus Gmelin, 1790
- Kermes pallidus Signoret, 1875
- Kermes roboris Fernald, 1903
- Kermes variegatus Gmelin, 1790
- Kermococcus roboris Leonardi, 1918
- Talla pallida Lindinger, 1933
- Talla roboris Kawecki, 1936
- Talla roboris subsp. simplex Lindinger, 1949
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie encóntrase en Europa e en África do Norte ao sur dos 60°, en Alemaña, Austria, Belarús, Bulgaria, Croacia, Francia, España, Grecia, Hungría, Italia (incluída Sicilia), Marrocos, Moldavia, os Países Baixos, Polonia, Portugal, o Reino Unido, a República Checa, Turquía, Rusia, Ucraína e Xeorxia, e en Asia, na China.[6][7]
Especies parasitadas
[editar | editar a fonte]Kermes roboris desenvólvese nas pólas dalgunhas especies do xénero Quercus, téndose rexistrado nas seguintes: Quercus ilex, Q. petraea, Q. pubescens e Q. robur.[6]
Características
[editar | editar a fonte]Kermes roboris é unha grande e colorida cochinillas. As femias adultas presentan un corpo globoso, case esférico, de 8,5 mm de ancho, de cor amarela con bandas transversais e manchas ovaladas de cor parda. Os machos aínda non se coñecen.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kermes roboris (Fourcroy) no ITIS.
- ↑ Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinas 157-201.
- ↑ 3,0 3,1 Kermes roboris (Fourcroy, 1785) no GBIF.
- ↑ Kermes roboris (Fourcroy, 1785) en Catalogue of Life: 2019 Annual Checklist. ITIS. Species 2000.
- ↑ roboris en WordSense.eu Dictionary.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Cianferoni, F. 2019.
- ↑ Kermes roboris (Fourcroy, 1785) Arquivado 29 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Kermes roboris (Fourcroy, 1785) In: Catalogue of Life.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
- Cianferoni, F. (2019): "Review of Kermes roboris (Geoffroy, 1785), with new records for host plants, associated ants, occurrence, Italian distribution, and nomenclatural history (Hemiptera Coccoidea Kermesidae)". Journal of Zoology '102: 81-88.
- Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
- Gavrilov, Ilya A. (2010): "Descriptions of two new species of Pseudococcidae (Homoptera: Coccinea) and additions to the scale insect fauna of Bulgaria". Zootaxa 2635: 32-40.