Khilderico I
Nome orixinal | (fr) Childéric Ier |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 436 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | c. 481 (Gregoriano) (44/45 anos) Tournai, Bélxica |
Lugar de sepultura | Tournai |
Rei dos francos | |
458 – 481 ← Meroveo – Clodoveo I → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | King of Salian Franks (en) (457–481) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Cónxuxe | Basina da Turíngia |
Fillos | Albofleda, Lantechilde, Audofleda, Clodoveo I |
Pai | Meroveo |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie The Nuttall Encyclopædia >>>:Childéric I. Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Khilderico I, nado cara ao 436 e finado en Tournai (actual Bélxica) no 481, foi un nobre salio, rei do seu pobo entre o ano 457 e a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Quizais foi fillo de Meroveo. Casou con Basine de Turinxia, coa que tivo un fillo, Clodoveo I.
Este príncipe, foi secuestrado cando era pequeno por un destacamento do exército dos hunos e liberado de forma milagrosa por un bravo franco chamado Viomade. Tiña valor e coraxe, pero era de corazón tenro e os señores franceses molestos polos amoríos que tiña coas súas mulleres, aliáronse para destronalo, polo que se retirou a Alemaña, onde volve caer nos mesmos erros e seduce a Basine, esposa do rei de Turinxia, o seu hóspede e amigo.
Khilderico volveu facerse co trono, do que o botaron as súas galanterías, logo de gañar unha batalla. A raíña de Turinxia, Basine, abandona ao seu marido e casa con Khilderico, con grande escándalo de moita xente, que reclaman en balde os dereitos matrimoniais e as leis inviolábeis da amizade. Deste matrimonio naceu o gran Clodoveo I.
O final do seu reinado estivo sinalado por moitos éxitos gloriosos. Derrota preto de Orleáns ao exército de Odoacro, rei dos saxóns (e conquistador no ano 476 do Imperio Romano de Occidente), toma Angers e sométea á pillaxe. Mata coa súa propia man ao conde Paulo, que estaba ao mando das tropas do Emperador. Asina un tratado de paz con Odoacro e únese cos saxóns para exterminar os alamáns que invadiran unha parte de Italia. A conquista de Alemaña foi o último feito memorábel deste príncipe. Morreu pouco despois, no vixésimo cuarto ano do seu reinado e foi enterrado na vila de Tournai. A súa tumba foi descuberta o ano 1653.
Sucedeuno o seu fillo Clodoveo I.
Reino franco | ||
---|---|---|
Segue a: Meroveo |
Khilderico I | Precede a: Clodoveo I |
Merovinxios |