Kiira Korpi
Aparencia
Kiira Linda Katriina Korpi-Borges, nada o 26 de setembro de1988 en Tampere, é unha patinadora artística sobre xeo finlandesa retirada. Foi cinco veces campioa finlandesa e tres veces medallista no Campionato de Europa.[1] Korpi comezou a estudar psicoloxía en The New School de Nova York no outono de 2018.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Brita Korpi e do adestrador de hóckey sobre xeo Rauno Korpi, que dirixiu a Tappara na conquista de catro campionatos finlandeses e que en 1998 conseguiu o bronce olímpico coa selección feminina,[3][4] comezou a súa carreira como patinadora na escola de patinaxe de Tappara en 1993.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Kiira Korpi Biography" (en inglés). International Skating Union (ISU). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ "IS: Kiira Korpi palaa koulun penkille: ”Tuntuu vähän oudolta mennä 30-vuotiaana takaisin opiskelemaan”" (en finés). 15 de agosto de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ "RAUNO KORPI" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Arkimies, Tuomas (23 de setembro de 2018). "Kiira Korven perhe koki karmeaa vihaa isän työn takia – jopa pommiuhkaus kotiin". Ilta Sanomat (en finés). Consultado o 14 de marzo de 2021.