La (música)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La (homónimos).
La é a sexta nota da escala musical diatónica. Con esta nota é que se afinan os instrumentos nunha orquestra. Tradicionalmente afinábase de ouvido, co que a altura (o seu grao de agudeza ou gravidade, a súa medición física exacta) desta e as demais notas era inestábel e foi aumentando co tempo (o compositor Glazunov dicía cando era maior que escoitaba todo un semitón máis agudo debido a este aumento). En 1930 un congreso internacional puxo fin a esta variación estabelecendo que a nota La correspondía a unha frecuencia de 440 hertzs.