Lasa eta Zabala
Lasa e Zabala | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lasa eta Zabala |
Director | Pablo Malo |
Produtor | Alberto Gerrikabeitia Joan Antoni González Josep Antoni González |
Guión | Joanes Urkixo |
Intérpretes | Unax Ugalde Ricard Sales Francesc Orella Itziar Ituño Javier Mora |
Música | Pascal Gaigne |
Fotografía | Aitor Mantxola |
Montaxe | Raúl López |
Estudio | Abra Producciones ETB Departamento de Cultura do Goberno Vasco ICAA |
Estrea | 17 de outubro de 2014 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | País Vasco |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.lasaetazabala.com/en/ | |
Lasa eta Zabala (en galego, Lasa e Zabala) é un filme español escrito por Joanes Urkixo e dirixido por Pablo Malo, onde narra o caso Lasa e Zabala, a desaparición dos membros de ETA José Antonio Lasa e José Ignacio Zabala, que foron secuestrados, torturados e asasinados en 1983, polos GAL. O filme foi estreado o 17 de outubro de 2014, e na edición dese ano do Festival Internacional de Cine de Donostia gañou o premio na Sección oficial longametraxes, malia que estaba fóra de concurso.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Tras a desaparición, en 1983, dos membros de ETA José Antonio Lasa e José Ignacio Zabala, doce anos despois identifícanse os corpos, torturados e enterrados en cal viva polos GAL, comezando así un proceso no que o avogado das dúas familias intentará que se faga xustiza e procesar aos asasinos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Unax Ugalde como Iñigo Iruin
- Ricard Sales como Dorado
- Francesc Orella como Galindo
- Itziar Ituño como Amaia
- Javier Mora como Vaquero
- Oriol Vila como Bayo
- Pep Tosar como Xuíz instrutor
- Iñaki Ardanaz como Marrero
Produción
[editar | editar a fonte]A rodaxe realizouse nas localidades de Baiona e Tolosa.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berria.eus, ed. (25 de xullo de 2014). "Zinemaldiko Sail Ofizialean emango dituzte 'Loreak' eta 'Lasa eta Zabala'" (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2017.
- ↑ Berria.eus, ed. (06 de febreiro de 2014). "Estali ezin dena tentuz azalduz" (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do filme (en inglés) (en castelán) (en éuscaro)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)