Leo von Klenze
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1856) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1784 Schladen, Alemaña (pt) |
Morte | 26 de xaneiro de 1864 (79 anos) Múnic, Alemaña |
Lugar de sepultura | Alter Südfriedhof (pt) 48°07′35″N 11°33′50″L / 48.126333, 11.564 |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura, pintura e literatura |
Ocupación | arquitecto, pintor, escritor |
Período de actividade | 1800 - 1864 |
Membro de | |
Movemento | Arquitectura neoclásica |
Profesores | Friedrich Gilly (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Felicitas Blangini-Klenze |
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Leo von Klenze, nado en Schladen, Krs Goslar o 29 de febreiro de 1784 e finado en Múnic o 27 de xaneiro de 1864, foi un arquitecto, pintor e escritor alemán do neoclasicismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destacou como arquitecto da corte de Baviera baixo o reinado de Lois I. A súa obra máis destacada é o conxunto da Königsplatz e os edificios que a arrodean, como a Gliptoteca de Múnic (1816 - 1834), para a cal se inspirou na tipoloxía de galería creada por Durand. Tamén en Múnic deseñou a Ruhmeshalle na Theresienwiese, onde se ergue a estatua colosal de Bavaria e a Residencia Real (Residenz). Noutras cidades alemás construíu o castelo de Wilhelmshöhe en Kassel, o Walhalla en Ratisbona e a Befreiungshalle en Kelheim, entre outros edificios.
O tsar Nicolao I de Rusia, na súa visita a Baviera, entusiasmouse coa súa obra e encargoulle a construción do novo Ermitage en San Petersburgo, que se concretou entre 1839 e 1852.
Von Klenze foi un prominente representante da corrente que reviviu o estilo grego en Europa. A tal punto, que se lle encomendou unha renovación da propia cidade de Atenas, con motivo da chegada da monarquía de Otto de Grecia.
-
Napoleón Bonaparte en Portoferraio, 1839
-
Gliptoteca de Múnic, 1816–1834
-
Monumento a Leo von Klenze na Gärtnerplatz de Múnic
-
Ministerio de Guerra bávaro en Múnic, 1832
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leo von Klenze |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hubert Glaser (editor): König Ludwig I. von Bayern und Leo von Klenze. Der Briefwechsel. Teil I: Kronprinzenzeit König Ludwigs I. (= Fuentes de historia de Baviera V), 3 tomos, Múnic, 2004.
- Rudolf Wiegmann: Der Ritter Leo von Klenze und unsere Kunst. 1836.
- Ein griechischer Traum. Leo von Klenze der Archäologe. Catálogo de exposición da Gliptoteca de Múnic, 1985/86.