Lingua asháninka
Aparencia
Asháninka | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Campa | |
Falado en: | O Perú e o Brasil | |
Rexións: | Amazonas | |
Total de falantes: | 26 000–96 000 (2016) | |
Familia: | Arauaca Sureña Campa Asháninka | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ayacucho e Junín (Perú) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | cni
| |
Mapa | ||
Status | ||
O asháninka é unha lingua arauaca falada polo pobo asháninka do Perú e de Acre, no Brasil.
Historia
[editar | editar a fonte]A lingua foi chamada tanto asháninka como campa, mais este último termo é considerado ofensivo polos asháninka, xa que deriva do termo quechua thampa, que quere dicir desgastado ou sucio. Como tódalas linguas que teñen un predominio nunha rexión particular do Perú, o asháninka é unha lingua oficial na área na que se fala, tal e como recolle a Constitución do Perú. Os índices de alfabetización na lingua roldan o 10% até o 30%, comparado co índice de alfabetización en castelán que están entre o 15% e o 25%.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a proba da Wikipedia en Lingua asháninka |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cushimariano Romano, Rubén e Richer C. Sebastián Q. (2009). Diccionario asháninka–castellano (versión preliminar). [1]
- Crevels, Mily, Lyle Campbell, Veronica Grondona e Mouton De Gruyter. "Language Endangerment in South America: The Clock Is Ticking." A Comprehensive Guide The Indigenous Languages of South America, 2012, 167-234.
- "Asháninka." Language, Alphabet and Pronunciation. Consultado o 5 de maio de 2016.