Lingua laosiana
Laosiano ພາສາລາວ / Phaasaa laao' | ||
---|---|---|
Falado en: | Laos Tailandia Vietnam | |
Total de falantes: | Uns seis millóns | |
Familia: | Tai-kadai Kam-tai | |
Escrita: | Alfabeto laosiano | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Laos | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | lo
| |
ISO 639-2: | lao | |
ISO 639-3: | lao
| |
SIL: | lao
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua laosiana[2] (ພາສາລາວ phaasaa laao) é o idioma oficial de Laos. É unha lingua tonal da familia tai de linguas e está estreitamente relacionada coa lingua isan, falada na rexión de Isan, no nordeste de Tailandia.
O sistema de escritura laosiana é alfasilábico, é dicir, cada carácter denota unha sílaba. Este alfabeto está estreitamente emparentado co alfabeto tailandés.
O laosiano clasifícase habitualmente en cinco dialectos principais, que mostran considerable variación, especialmente en canto ao uso da tonalidade:
- Laosiano de Vientián, a variante habitualmente aceptada como estándar
- Laosiano setentrional (Luang Prabang)
- Laosiano nororiental (Xieng Khouang)
- Laosiano central Lao (Khammouan)
- Laosiano meridional (Champasak)
Tons
[editar | editar a fonte]O laosiano de Vientián ten seis tons: baixo, medio, alto, ascendente, alto e baixo descendente. Os residentes de Luang Prabang usan cinco tons: medio descendente ascendente, baixo ascendente, medio, alto descendente e medio ascendente.
Escritura
[editar | editar a fonte]O alfabeto laosiano baséase na mesma escritura que o alfabeto tailandés. Introducíuse en Laos a través de monxes budistas cingaleses e camboxanos durante o reinado do primeiro rei de Laos. É máis simple que os seus parentes tailandés, camboxano e birmano.
Está formado por 33 consoantes e 28 vogais que representan respectivamente 21 e 27 fonemas, e escríbese as verbas foneticamente empregando a súa escritura de esquerda a dereita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para laosiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua laosiana |
- Idioma lao, en PROEL (en castelán)
- Cultura laosiana Arquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Omniglot: alfabeto laosiano (en inglés)
- Laoconnection.com Recursos en lingua lao (en inglés)
- Laocom: Lingua e literatura (en francés)
- AbcdLaos: Lingua e cultura laosiana (en castelán)