Lionel Enguene
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1996 (28 anos) Rexión do Leste, Camerún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2015 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Zacharie Lionel Enguene Onana, nado o 7 de xaneiro de 1996 en Bertoua, é un futbolista profesional camerunés da canteira do FC Barcelona, que xoga como centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Bertoua, Lionel Enguene comezou a xogar ao fútbol con sete anos no club Effefa. No ano 2007, cando tiña once anos, grazas á fundación do futbolista Samuel Eto'o chega a La Masia do Fútbol Club Barcelona. Ao pouco de chegar, aínda case non integrado, comeza a destacar nos alevíns do club catalán, chegando a gañar o Torneo de Brunete en 2008 e logo cos infantís o Torneo de Maspalomas, sendo pichichi en ambas as competicións.[1] Tras ser comparado con xogadores como Hernández ou Iniesta, chega aos cadetes do Barça, onde resulta decisivo ao anotar 13 goles e o portar o brazalete de capitán.[2] Nese momento é considerado unha das perlas da canteira blaugrana.
Co paso do tempo foi gañado potencial técnico, chegando pronto ao equipo xuvenil de Jordi Vinyals en 201], con quen ocupaba un rol de centrocampista aínda que se sumaba de boa maneira na ofensiva. Esa campaña resultaría histórica para o fútbol base culé, ao conquistar a División de Honra e ademais a primeira edición da Liga Xuvenil da UEFA, torneo no cal Lionel resultou o terceiro máximo asistente.[3] En agosto de 2014, asina o seu primeiro contrato profesional co Barça por catro temporadas.[4] Durante a pretemporada do cadro azulgrana disputan o Torneo Memorial Sándor Kocsis en Hungría, no cal Enguene foi escollido como Mellor Xogador.[5] Con todo, a nivel colectivo a temporada non finalizaría o mellor xeito, sendo eliminados nos oitavos de final da competición europea e quedando cuartos na táboa de clasificación.
En xullo de 2015 é promovido ao filial culé de Gerard López, realizando o seu debut en Segunda B o 22 de agosto ante o U. E. Cornellà ingresando no minuto 33; o encontro que resultaría en derrota barcelonista por 2-1. Tras xogar 12 partidos, Enguene marcha no mercado de inverno ao Antalyaspor da Süper Lig, máxima categoría do fútbol turco, equipo no milita Samuel Eto'o. Tan só cinco días despois de chegar debuta como profesional, saíndo no once inicial da derrota do seu equipo por 0–1 ante o Gençlerbirliği. Tras finalizar a temporada en Turquía, o 31 de agosto de 2016, o Club Deportivo Lugo de LaLiga 2, asina un contrato co xogador que o vincula ao equipo galego durante tres temporadas.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Real Zaragoza B | Segunda B | 2014–2015 | 19 | 1 |
Real Zaragoza | Segunda | 2014–2015 | 3 | 0 |
Real Zaragoza | Segunda | 2015–2016 | 17 | 0 |
Lugo | Segunda | 2016–2017 | 0 | 0 |
Leixões | Segunda | 2017 | 2 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Enguene, el Lionel del futuro". El Mundo Deportivo. 16 de outubro de 2012.
- ↑ "Enguene, otro Lionel se acerca". Sport. 21 de xuño de 2011.
- ↑ "Enguene, con el corazón de león y el alma de líder". Sport. 6 de xullo de 2014.
- ↑ "Enguene firma su primer contrato profesional con el Barça hasta 2018". Mundo Deportivo. 27 de agosto de 2014.
- ↑ "Lionel Enguene, elegido Mejor Jugador en Hungría". El Mundo Deportivo. 1 de setembro de 2014.