Liverpool
Símbolo oficial | Liver bird (en) (paxaro nacional) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Noroeste de Inglaterra - North West England | ||||
Condado metropolitano (pt) | Merseyside | ||||
Distrito metropolitano | Liverpool (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 513.441 (2016) (4.590,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 111,84 km² | ||||
Bañado por | Río Mersey | ||||
Altitude | 70 m | ||||
Creación | 1207 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Joanne Anderson (pt) (2021–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | L | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 151 | ||||
Código NUTS | UKD72 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Rosario Río de Xaneiro Guadalaxara Rotterdam Dublín Varna Colonia (1952–) Odesa (1957–) Shanghai (1999–) | ||||
Sitio web | liverpool.gov.uk |
Liverpool é unha cidade inglesa de 439.476 habitantes, capital do distrito metropolitano homónimo e do condado metropolitano inglés do Merseyside. A cidade esténdese ao longo do esteiro do Mersey cara ao Mar de Irlanda non moi lonxe de Gales. Limita polo norte co concello metropolitano de Sefton, polo leste co de Knowsley, polo sur e oeste co devandito río. Foi fundada como vila en 1207 e tivo ese status até 1880, cando recibiu o título de cidade. Segundo o último censo oficial, que data de 2001, Liverpool tiña unha poboación de 439 473 habitantes;[1] esta cifra aumenta lixeiramente até os 454 654 habitantes segundo estimacións para o ano 2009. A cidade atópase no centro da Área Metropolitana de Liverpool, cuxa poboación ascende a 816 216 habitantes.
Historicamente pertencente ó condado de Lancashire, a urbanización e expansión de Liverpool debeuse en gran parte á súa condición de cidade portuaria importante. No século XVIII, o comercio coas Indias Occidentais, coa Europa continental e o tráfico de escravos no Atlántico promoveu a expansión económica da cidade. A comezos do século XIX, o 40% do comercio marítimo mundial pasaba polos peiraos de Liverpool. No presente, é o segundo porto do Reino Unido en volume de exportacións tralo de Londres.
A popularidade de The Beatles (tamén salientaron outros grupos como por exemplo The Scaffold) e do equipo de fútbol Liverpool Football Club contribúen a converter a Liverpool nun destino turístico; o turismo xoga un papel significante na economía da cidade. En 2007 celebrou o seu 800.º aniversario, e no ano seguinte foi Capital Europea da Cultura xunto á cidade norueguesa de Stavanger.[2]
En 2004 a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade a coñecida como «Cidade mercantil marítima de Liverpool», que abrangue seis localizacións separadas na cidade, incluíndo «Pier Head», «Albert Dock» e a «rúa William Brown»; e a maioría dos puntos de interese con máis sona da cidade.[3] Non obstante, en 2021 a UNESCO retiroulle o seu status.[4][5]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]O nome da cidade de Liverpool aparece por primeira vez cando o conde Roxerio de Poitou construíu nela un castelo contra o ano 1089, é dicir, pouco tempo despois da conquista de Inglaterra polos normandos. Axiña foron a buscar protección no castelo feudal algunhas cabanas de pescadores.
A orixe do nome de Liverpool escrito en diversas formas levou a diferentes explicacións sobre o seu significado derivado do ave Liver, literalmente traducido como fígado.
En 1207, o rei de Inglaterra Xoán Sen Terra outorgou nunha patente real ós habitantes de Liverpool as franquías municipais das que gozaban as demais cidades da costa, foi polo tanto declarada porto e é cando se considera que se fundou oficialmente esta poboación. Outra Carta de 1228, estabeleceu nela unha corporación de mercadores e tódolos que non formasen parte dela foron excluídos do privilexio de comerciar (making merchandise) a non ser que o fixeran con permiso dos habitantes. Pero estes privilexios exerceron pouca influencia no crecemento da cidade de Liverpool e así é que até 1551 non eran máis que unha aldea rodeada de pantanos, cunha poboación de preto de 500 cidadáns.
Séculos XVII e XVIII
[editar | editar a fonte]En tempo da Revolución Inglesa no século XVII (as guerras civís entre o poder parlamentario e o poder real), esta cidade seguiu ó partido de Cromwell, foi sitiada e tomada polo príncipe Ruperto e ó ano seguinte volvérona tomar as tropas do Parlamento, sendo estes os únicos feitos militares da cidade de Liverpool até o século XX.
En 1699, Liverpool foi nomeada parroquia polo Parlamento e é o mesmo ano no que o primeiro barco negreiro, o Liverpool Merchant, zarpou cara a África na busca de escravos. A partir do século XVIII, Liverpool empezou a expandirse enormemente debido ó florecemento do comercio. A primeira dársena de flotación do Reino Unido construíuse en Liverpool en 1715, ó que se egadiron outras tres antes de metade de século.
En 1720 Liverpool aínda non se comunicaba con Manchester máis que polo Mersey e o Irwell, mais estes ríos eran pouco profundos para ter circulación de barcos cargados, que bloqueaban con frecuencia a navegación, cando o duque de Bridgewater, coa axuda do enxeñeiro Brindley abriu unha nova vía bastante importante para satisfacer as necesidades do comercio.
Unha das principais causas da riqueza de Liverpool foi a trata de escravos e dende 1730 a 1770 saíron do porto de Liverpool dous mil buques negreiros, co cal calcúlase nuns once anos só estes barcos transportaron ás colonias de América trescentos catro mil escravos que foron vendidos aproximadamente nun total de catrocentos millóns de francos, cun beneficio para os negociantes de escravos de arredor de douscentos millóns de francos. Ó final dese século, Liverpool controlaba máis do 40% do comercio de escravos de Europa e o 80% do Reino Unido.
Século XIX
[editar | editar a fonte]A comezos do século XIX, un 40% de todo o comercio mundial pasaba por Liverpool. A mediados de século, Liverpool tiña vinte e cinco dársenas anchas, cómodas e espazosas que ocupaban unha superficie de veinticinco hectáreas para albergar os numerosos barcos de todo o mundo que chegaban ó seu porto. En 1830, Liverpool e Manchester convertéronse nas primeiras dúas cidades unidas por vía férrea co ferrocarril de Liverpool e Manchester, debido á crecente demanda de materias primas das industrias situadas en Manchester. A poboación tamén medrou axiña, especialmente nos anos 1840 por mor da chegada de emigrantes irlandeses durante a Gran Fame.
A mediados do século XIX entraban no porto de Liverpool máis de trinta mil barcos. Daquela, as principais importacións da cidade de Liverpool eran de algodón, azucre, té, madeiras de construción, tinturas, viños, coiro, cabelo, sebo, aceite, liño, cáñamo, aguardente, café, grans, fariñas, rubia, ron, añil e tabaco e as principais exportacións consistían fundamentalmente en tecidos de algodón, la, liño, cáñamo, seda, fiados de la, algodóns, quincalla, coitelos, aceiros, cobres, bronces manufacturados, carbón de pedra e tabaco.
Século XX
[editar | editar a fonte]Durante o século XX, desenvolvéronse masivamente os suburbios de Liverpool, o que mellorou a calidade de vida de milleiras de familias. O censo alcanzou un máximo de máis de 850 000 persoas en 1931, para baixar até a metade en 2001. Durante a segunda guerra mundial, a cidade sufriu oitenta bombardeos que mataron a 2 500 persoas, danando case a metade dos edificios. En 1952, Liverpool irmandouse con Colonia, Alemaña, cidade coa que compartiu a terrible experiencia dos bombardeos aéreos.
Durante os anos 1960, Liverpool converteuse nun centro cultural xuvenil, con The Beatles como máximos representantes. A partir dos anos 1970, os peiraos e as industrias caeron en declive e nos anos 80 a taxa de desemprego era das máis altas do Reino Unido. A finais de século, deseñouse un plan de rexeneración que continúa agora e a economía recuperouse con crecementos maiores á media nacional.
Invencións e innovacións
[editar | editar a fonte]Ferrocarrís, buques de vapor transatlánticos, tranvías municipais[6] ou trens eléctricos[7] todos foron pioneiros en Liverpool como xeitos de transporte masivo. En 1829 e 1836, os primeiros túneles ferroviarios no mundo construíronse en Liverpool. De 1950 a 1951, o primeiro servizo programado de helicóptero de pasaxeiros do mundo correu entre Liverpool e Cardiff.[8]
A primeira Escola para Cegos,[9] o Instituto de Mecánica,[10] a Escola Superior de Nenas,[11][12] a casa do consello[13] e o Tribunal de Menores[14] foron fundados en Liverpool.
Distritos de Liverpool
[editar | editar a fonte]- Aigburth, Allerton, Anfield
- Belle Vale, Broadgreen
- Canning, Childwall, Clubmoor, Croxteth
- Dingle, Dovecot
- Edge Hill, Everton
- Fairfield, Fazakerley
- Garston, Gateacre, Grassendale
- Hunts Cross
- Kensington, Kirkdale, Knotty Ash
- Mossley Hill
- Netherley, Norris Green
- Old Swan
- St Michael's Hamlet, Speke, Stoneycroft
- Toxteth, Tuebrook
- Walton, Wavertree, West Derby, Woolton
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]O complexo portuario de Liverpool foi incluído en 2004 entre os lugares Patrimonio da humanidade da UNESCO:
- Another place
- Albert Dock
- Bluecoat Arts Centre
- Cast Iron Shoreº
- Chinatown
- Cunard Building
- Lime Street Station
- Royal Liver Building
- Liverpool John Moores University
- Liverpool School of Tropical Medicine
- Liverpool University
- Merseyside Maritime Museum
- Museum of Liverpool Life
- Oriel Chambers design by Peter Ellis.
- The Philharmonic Dining Rooms
- Pier Head
- Port of Liverpool Building
- Quiggins
- St George’s Hall
- Stanley Dock Tobacco Warehouse
- The Beatles Story
- Town-Hall
- Walker Art Gallery
- Wellington's Column
- William Brown Library
- Williamson's tunnels
Teatros
[editar | editar a fonte]Edificios relixiosos
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Nicolás, grega ortodoxa
- Gustav Adolfus Kyrka The Swedish Seamen's Church.
- Liverpool Cathedral (Anglicana)
- Liverpool Metropolitan Cathedral of Christ the King (Católica),
- Princes Road Synagogue
- Church of St Luke de Liverpool
- Church of Our Lady and Saint Nicholas
Acordos internacionais
[editar | editar a fonte]Liverpool, como moitas outras cidades, participa en irmandamentos internacionais con outras cidades. Actualmente ten cinco cidades irmás:
Ademais a cidade ten acordos denominados "friendship links", que son menos formais que os acordos de irmandamento. As cidades que teñen este status son:
- Givenchy-lez-la-Bassée
- Halifax
- Habana
- La Plata
- Memphis
- Minamata
- Nápoles
- Nova Orleáns
- Ponsacco
- Ramnicu Valcea
- Valparaíso
Predecesor: Sibiu Luxemburgo |
Capital Europea da cultura xunto con Stavanger 2008 |
Sucesor: Vilnius Linz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The City of Liverpool. "Census 2001 - Key Statistics for Liverpool" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2006. Consultado o 1 de marzo de 2009.
- ↑ "Report on the Nominations from the UK and Norway for the European Capital of Culture 2008" (PDF) (en inglés). 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2008. Consultado o 1 de marzo de 2009.
- ↑ UK Local Authority World Heritage Forum. "Liverpool – Maritime Mercantile City" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2008. Consultado o 1 de marzo de 2009.
- ↑ "Liverpool stripped of Unesco World Heritage status". BBC News. 21 de xullo de 2021.
- ↑ "World Heritage Committee deletes Liverpool – Maritime Mercantile City from UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Victoria and Albert Museum. London". Vam.ac.uk. 1 de xuño de 2005. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 3 de agosto de 2010.
- ↑ "Suburban Electric Railway Association, Coventry". Emus.co.uk. Consultado o 3 de agosto de 2010.
- ↑ Bagwell, Philip Sidney (2006). Transport in Britain 1750-2000. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-1-85285-590-1.
- ↑ "Royal School for the Blind, Liverpool". Rsblind.org.uk. 12 de marzo de 1999. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2010.
- ↑ Speeches of Henry, Lord Brougham Vol. II, 1841, Lea and Blanchard, Philadelphia
- ↑ Bisson, Frederick (1884). Our schools and colleges. Londres: Simpkin, Marshall.
- ↑ "Charles Dickens, speech, 26 Feb, 1844". Dickens.classicauthors.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o 3 de agosto de 2010.
- ↑ "The Scottie Press". The Scottie Press. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2010. Consultado o 3 de agosto de 2010.
- ↑ Adler, N (1925). The work of Juvenile Courts. Third Series, Vol.7, No.4. Cambridge University Press: Journal of International and Comparative Law. pp. 217–227. JSTOR 753176.