Luís Carballo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1938 Xinzo de Limia, España |
Morte | 9 de febreiro de 2019 (80 anos) Panxón, España |
Actividade | |
Ocupación | publicitario |
Luís Efrén Carballo Taboada, nado en Xinzo de Limia o 23 de novembro de 1938 e finado en Panxón (Nigrán) o 9 de febreiro de 2019[1], foi un publicista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira transcorreu en paralelo ao desenvolvemento da moda galega e da industria téxtil en Galicia. Foi un dos impulsores da pasarela de moda Luada, que tiña lugar en París, Barcelona, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e outras cidades. Tamén da revista Galicia Moda, que combinaba as últimas tendencias da moda galega con contidos culturais de amplo espectro. Luís Carballo foi o responsable do slogan La arruga es bella, para Adolfo Domínguez[2].
Tamén foi o responsábel da revista cultural de tendencias Ith e da revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e da alimentación e realizou algúns deseños e campañas para o Ano Xacobeo de 1993 e creou a mascota Pelegrín.[1][3] Tamén traballou para multinacionais como Pescanova, Coren ou o Banco Pastor.
Dirixiu unha axencia de publicidade en Vigo.
Galardóns
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 De Santos, Ágatha (10-02-2019). "Fallece Luis Carballo, ideólogo del famoso Pelegrín y de "La arruga es bella"". .farodevigo.es (en castelán). Consultado o 11-02-2019.
- ↑ Eloy Lozano, Los muertos van deprisa (blog).
- ↑ "Fallece el publicista Luis Carballo, el hombre que llevó la moda gallega a la modernidad". farodevigo.es (en castelán). 09-02-2019. Consultado o 11-02-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.