Luciano Rodríguez Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Carracedo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filólogo, crítico literario |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Xohán Xabier Baldomir Cabanas |
Luciano Rodríguez Gómez, nado en Carracedo (A Veiga) en 1951, é un filólogo e crítico literario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Salamanca e a de Santiago de Compostela. Doutorouse pola Universidade da Coruña en 1993 cunha tese sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. É profesor de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía da Coruña.
Colaborou en diversas revistas e publicacións, como Man Común, Grial, Nordés ou La Voz de Galicia.
En 2023 nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, 1994, Deputación de Lugo.
- Auga de varios ríos. Xesús Alonso Montero e Basilio Losada polo seu xubileo, 2001, edición do autor.
- Tres miradas poéticas, 2006, Laiovento.
- O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, 2009, Xerais.
- Páxinas amarelas. Lecturas de poesía, 2010, Espiral Maior.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo, 1985, Galaxia.
- Poesía, de Aquilino Iglesia Alvariño, 1991, Xerais.
- Sándor Petőfi: homenaxe desde Galicia (España). Versión plurilingüe do poema Petöfi de Aquilino Iglesia Alvariño, 1995, edición de autor.
- Ámbito dos pasos: antoloxía poética, de Ramiro Fonte, 1996, Concello de Pontedeume.
- Poesía reunida (1957-2001), de Xohana Torres, 2004, PEN Clube de Galicia.
- En voz baixa. Obra poética escollida (1979-2005), de Xulio L. Valcárcel, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Poesía, de Miguel González Garcés, 2008, Deputación da Coruña.
Antoloxías
[editar | editar a fonte]- Invitación á narrativa, 1983, Xerais.
- Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega, 1986, Sotelo Blanco.
- Galician generation of the eighties. Three poets: Xulio L. Valcárcel, Pilar Pallarés, Ramiro Font, 1999, Universidade da Coruña.
- 25 anos de poesía galega (1975-2000) I, II e III, 2002, Biblioteca Galega 120.
- Horizontes poéticos, 2002, Xerais.
- Poetas galegos do século XX. Antoloxía, 2004, Espiral Maior.
- Dix-sept poètes galiciens. Dezasete poetas galegos (1975-2000), 2008, Universidade da Coruña.
- Poesía suspensa, 2008, Espiral Maior.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais. Con Teresa Seara.
- Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña.
- Xosé Luís Méndez Ferrín: o home, o escritor, 2002, Universidade da Coruña. Con Xosé María Dobarro.
- Cinco impactos poéticos en ditadura, 2005, Universidade da Coruña. Con Xosé María Dobarro.
- III Encontros de Escritores Galegos: literatura e xornalismo, 2006, Deputación da Coruña.
- IV Encontro de Escritores Galegos: literatura e cidade, 2007, Deputación da Coruña.
- Ámbitos de tradución. V Encontro de Escritores Galegos, 2008, Deputación da Coruña. Con Xosé Manuel Fernández Castro.
- Literatura e proxección exterior. VI Encontro de Escritores Galegos, 2012, Deputación da Coruña. Con Xosé Manuel Fernández Castro.
Tradución
[editar | editar a fonte]- I Festival Internacional de Poesía Cidade de Betanzos, 2006, Concello de Betanzos.
- Sobre unha confidencia do mar grego, precedido de Correspondencias, de Andrés Sánchez Robayna, 2009, Espiral Maior.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- La raíz poseída, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 1989, Olifante.
- Los caminos de la voz. Seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada.
- El volumen de la ausencia, de Xulio L. Valcárcel, 1997, Olifante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O pleno nomea o filólogo Luciano Rodríguez académico correspondente". Real Academia Galega. 17 de marzo de 2023.