Lurtz
Lurtz é un personaxe de ficción do filme The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring aínda que o nome do personaxe non se menciona en todo o filme, pero coñécese polos créditos do peche. É o capitán dos Uruk-hai encargados de atacar á Irmandade en Amon Hen e recuperar o Anel Único. Mata a Boromir ó final do filme. Este personaxe non aparece na novela de J. R. R. Tolkien, xa que é unha incorporación dos guionistas do filme. Na novela, Boromir morre por múltiples feridas de arqueiros orcos anónimos.
Na película
[editar | editar a fonte]Nada máis nacer da lama da que xorden os Uruk-hai na película, en Isengarda, asasina ó orco que o axudaba a saír, e por iso é ascendido a capitán. As súas armas son unha espada de orco e un escudo, ademais dun arco e armadura pesada.
Dirixía un pequeno exército, que atacou á Irmandade en Amon Hen. Moitos orcos foron aniquilados por Aragorn, Legolas e Gimli; pero noutro punto da batalla disparou tres frechas contra Boromir e matouno, pero foi decapitado por Aragorn, que acudira á chamada do corno de Vorondil.
Interpretación
[editar | editar a fonte]O personaxe de Lurtz é interpretado por Lawrence Makoare, o cal tamén interpreta a Gothmog (orco) no terceiro filme da triloxía The Lord of the Rings: The Return of the King. Tamén presta a súa voz ó xefe dos Nazgûl.