Mútulo
Aparencia
Un mútulo (do latín mutulus que significa madeiro ou pedra saínte) é, na arquitectura dórica da Grecia antiga, unha pedra rectangular que funciona como modillón. Adoita estar ornamentada con tres ou seis pequenas pingas.
O mútulo atópase esculpido baixo a cornixa e a súa anchura é a mesma que a dos tríglifos sobre os que se coloca.