Saltar ao contido

Macchi MC.205

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macchi MC.205 Veltro
MC.205 Veltro
Tipocaza
FabricanteAeronautica Macchi
Primeiro voo19 de abril de 1942
Introducidofebreiro de 1943
Retirado1950 (Exipto)
Principais usuariosRegia Aeronautica
Aeronautica Nazionale Repubblicana
Luftwaffe
Unidades construídas262

O Macchi MC.205 Veltro foi un caza italiano da segunda guerra mundial. O MC.205 seguiu a liña de desenvolvemento comezada co MC.200 e continuada polo MC.202. Voou por primeira vez en abril de 1942 cun motor DB 605A-1 alemán producido baixo licenza en Italia e cunha célula derivada do MC.202. Era un moi bo avión, pero tardou en entrar en produción. Fabricáronse 262 unidades que serviron na forza aérea fascista italiana e na Luftwaffe ata o final da guerra.