Saltar ao contido

Man on the Moon (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Man on the Moon
Ficha técnica
Título orixinalMan on the Moon
DirectorMiloš Forman
Produtor
GuiónScott Alexander e Larry Karaszewski
Intérpretes
MúsicaR.E.M.
FotografíaAnastas N. Michos
Montaxe
Estudio
Distribuidora
  • Universal Pictures (América do Norte, Reino Unido e Irlanda)
  • Concorde Filmverleih (Alemaña)
  • Toho-Towa (Xapón) [1]
  • Warner Bros. Pictures (Internacional)
Estrea 22 de decembro de 1999
Duración119 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Alemaña Alemaña
Xapón
XéneroComedia, drama e biográfico
Orzamento52–82 millóns de dólares[3][4]
Recadación47 millóns de dólares[4]
Na rede
http://www.universalpictures.com/manonthemoon/
IMDB: tt0125664 Filmaffinity: 439342 Allocine: 23152 Rottentomatoes: m/1093579-man_on_the_moon Mojo: manonthemoon Allmovie: v180622 TCM: 443526 Metacritic: movie/man-on-the-moon TV.com: movies/man-on-the-moon Netlix: 60000498 Editar o valor en Wikidata

Man on the Moon é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Miloš Forman. Está protagonizado por Jim Carrey, no papel do comediante Andy Kaufman. O resto do elenco está composto por Danny DeVito, Courtney Love e Paul Giamatti.

A historia percorre a traxectoria de Kaufman dende a infancia ata os clubs de comedias e as aparicións televisivas que o fixeron famoso, incluíndo as súas memorables aparicións en Saturday Night Live, Late Night with David Letterman , Fridays, e o seu papel de Latka Gravas na comedia de situación Taxi, que foi popular entre os espectadores pero perturbador para os compañeiros de Kaufman. O filme presta especial atención ás diversas bromas interiores, estafas, engaños e acontecementos polos que Kaufman era famoso, como a súa interpretación do personaxe Tony Clifton.

Estreouse o 22 de decembro de 1999 nos Estados Unidos e o 5 de maio de 2000 no Reino Unido por Universal Pictures e Warner Bros. Pictures nalgúns mercados. Aínda que o filme non tivo éxito comercialmente e recibiu críticas mixtas, Carrey recibiu aclamación da crítica pola súa actuación e gañou un Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, o seu segundo consecutivo despois do seu premio por The Truman Show .

O documental Jim & Andy: The Great Beyond estreouse en 2017 e narra a actuación de Carrey como Kaufman no filme, un personaxe que mantivo durante gran parte da produción do mesmo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Brown, Colin (9 de maio de 2000). "Mutual's foreign partners strike $200m credit line". Screen International. Consultado o 22 de novembro de 2021. 
  2. "MAN ON THE MOON (15)". British Board of Film Classification. 17 de xaneiro de 2000. Consultado o 26 de febreiro de 2016. 
  3. "Man on the Moon (1999) - Financial Information". The-numbers.com. Consultado o 2017-01-22. 
  4. 4,0 4,1 Box Office Mojo - Man on the Moon Consultado o 31 de marzo de 2007.