Saltar ao contido

Manuel Bragado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Bragado Rodríguez

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagogo, editor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoxornalismo
Familia
CónxuxeMontserrat Paz Núñez Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webhttp://bretemas.gal
Facebook: manuel.bragadorodriguez Twitter: Bretemas Instagram: bretemas BNE: XX895633 Bitraga: 2846 BUSC: bragado-rodriguez-manuel-1959 Dialnet: 124098 Editar o valor en Wikidata

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018, cando presentou a súa baixa voluntaria para abrir unha nova etapa e seguir vencellado ao grupo só como asesor[2]. Reincorporouse ao ensino como orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. Xa fora foi profesor de Edición e actividade editorial do Mestrado en Edición 2009/2010 das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.[3][4]

É presidente da Fundación Luzes, membro do consello editorial da revista Luzes, secretario da Asociación Premios da Crítica de Galicia, membro do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, membro do Instituto de Estudios Vigueses, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da Sociedade Jules Verne de Vigo, do STEG e de Amnistía Internacional. Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017), da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88), director da Revista Galega de Educación (1986-2000), membro da sección de «Lingua, literatura e comunicación» do Consello da Cultura Galega e redactor de «Lingua e edición» (Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010).[3][4]

Participou no consello de redacción d’ A Pizarra (suplemento de educación de Faro de Vigo, 1982-1986), Na escola (suplemento de educación de La Región e Atlántico diario, 1987-1989). No Faro de Vigo publicou semanalmente dende 1999 a sección «Campo de Granada», sobre actualidade socio-cultural de carácter local (1086 artigos ata agosto de 2021), «Campo do Fragoso» de reflexión futbolística (232 artigos ata 2019) e a columna política «Brétemas» na revista Luzes.gal. Tamén colaborou en Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza e na Radio Galega dende 2000, durante unha década no faladoiro «A Crónica».[3] Tamén publicou en revistas especializados como Boletín da Real Academia Galega, Grial, Revista Galega de Educación, Festa da palabra silenciada.

Dende 2005 mantén aberto o blog Brétemas[5] onde publica a serie «Onte» cun seguimento de temas editoriais, literarios políticos e de actualidade.[4]

Foi unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Labia-xogos de lingua (2007). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-7507-658-4. Con Montserrat Vilà i Santasusana, Lola Badia Pàmies.
  • A Memoria de Mondariz-Balneario: álbum de postais (2003). Vigo: Xerais. Con Carlos Díaz Martínez, e Xerardo Álvarez Limeses. ISBN 978-84-9782-023-3.
  • Marxes: guía ilustrada do Vigo rebelde (2021). Vigo: Xerais. Con Xurxo Martínez González, David Rodríguez Rodríguez. ISBN 978-84-9121-703-9.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Manuel Bragado Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-19. 
  2. Manuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., no blog de Xerais o 12 de abril de 2018.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Manuel Bragado Rodríguez – Brétemas". Consultado o 2022-08-19. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-19. 
  5. "Brétemas – Notas do traballo de edición e algunhas outras anotacións. Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia". Consultado o 2022-08-19. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-28. 
  7. Martínez González, Xurxo (Xaneiro-xuño, 2020). "Caderno de bitácora". Grial. LVIII (225, 226): 84–85. ISSN 0017-4181. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-12. 
  9. V, R. (2024-11-04). "Manuel Bragado será galardonado con el premio «Lenda de Recreo» en el marco del HematoFesti". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-11-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]