Saltar ao contido

Manuel Castro Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Castro Pena

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoTabeirós, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 1978 Editar o valor en Wikidata
Parada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSerafín de Castro García Editar o valor en Wikidata
IrmánsPlácido Castro Pena Editar o valor en Wikidata

Manuel A. de Castro Pena, nado en Tabeirós (A Estrada) e finado en Parada o 31 de outubro de 1978, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Serafín de Castro García. Foi mestre de Rubín e en 1934 pasou á escola da Estrada; foi presidente da Asociación de Maestros Nacionales da Estrada. Foi nomeado por José Antonio Primo de Rivera delegado de Falange Española de Pontevedra. O 1 de maio de 1936 enfrontouse, xunto cos seus irmáns, á manifestación obreira da Estrada, resultou ferido e foi detido por quitarlles a bandeira que a guiaba; estivo un mes na cadea.[1] O día 6 de xullo estivo con outros na prisión da Caniza, onde trataron do próximo golpe militar. Logo da detención de Daniel Buhigas foi nomeado Xefe Provincial de Falange de Pontevedra principios de xullo. Poucos días antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte con outros dez camaradas de Pontevedra, e non retornaron á cidade até o triunfo da sublevación. Presentouse na Estrada como xefe provincial da Falanxe e ordenou a construción da estrada do Arnado ata a súa casa en Parada, obra que fixeron obrigados os veciños. Tiña como secretario a Antonio Puig Gaite. En xaneiro de 1937 foi destituído como xefe provincial de Falange, sendo substituído por Jesús Suevos.[2] Ao mes seguinte foron dados de baixa e expulsados os falanxistas da Estrada Abelardo Teira, José Quivén, José Filloy, Lisardo Somoza e o seu irmán José Castro Pena.[3] En xullo de 1938 foi nomeado Delegado de Investigación e Información de FET y de las JONS de Ourense.[4] En 1939 pasou a traballar para a Secretaría Política do Ministerio da Gobernación.[5] Finou en Parada o 31 de outubro de 1978.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Sara Meijide Salgado en 1931,[7] e foi pai de José Luis, Juan José, María de la Paz, Marina, Manuel, María del Carmen e Rafael de Castro Meijide.

  1. Primeiro de maio de 1936
  2. El Pueblo Gallego, 20-1-1937, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 20-2-1937, p. 4.
  4. El Pueblo Gallego, 24-7-1938, p. 29.
  5. El Noticiero Gallego, 11-3-1939, p. 3.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1978, p. 49.
  7. El Emigrado, 7-2-1931, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "El 18 de julio en La Estrada" por Mario Blanco Fuentes. A Estrada, Miscelánea Histórica E Cultural, 6 (2003).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]