Manuel Rodríguez Alfonso
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1947 (76 anos) Cangas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1966 - 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Manuel Rodríguez Alfonso, nado en Cangas o 22 de decembro de 1948, é un ex xogador e adestrador galego de fútbol. Xogou de defensa central no Celta de Vigo, onde era coñecido como Manolo "o gran capitán".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De novo xogou nos equipos infantís do Barreras e o Callao. Aos 15 anos pasou ás categorías xuvenís do Celta de Vigo, debutando co primeiro equipo como titular aos 18 anos contra o Rayo Vallecano en Segunda División. Formou parte das categorías inferiores da selección española de fútbol, coa que participou no Campionato de Europa sub-23 disputado en Iugoslavia en 1969, acadando o subcampionato.
Na tempada 1973/74 estaba nun gran momento de forma, chegando o Real Madrid a ofrecer 20 millóns de pesetas pola súa fichaxe. Pero o 27 de xaneiro de 1974 o xogador galego sufriu unha dura patada de Johan Cruyff que lle provocou unha forte lesión no xeonllo, impedíndolle así fichar polo equipo madrileño e ser seleccionado polo combinado estatal.
Estivo 17 campañas no primeiro equipo, xogando 463 partidos de liga e metendo 17 goles. O 6 de maio de 1982 recibiu unha homenaxe no Estadio de Balaídos, cun encontro entre o Celta e a Selección de fútbol de Polonia, que preparaba a súa asistencia ao Mundial de Fútbol de 1982. Despois de retirarse como xogador, foi secretario técnico do equipo. Deixou o posto ao remate da tempada 1989/90 por discrepancias co presidente José Luis Rivadulla.
Encontros e goles por campaña
[editar | editar a fonte]- Segunda división española 1966/67: 13/0
- Segunda división española 1967/68: 24/0
- Segunda división española 1968/69: 37/1
- Primeira división española 1969/70: 27/0
- Primeira división española 1970/71: 30/1
- Primeira división española 1971/72: 34/0
- Primeira división española 1972/73: 32/0
- Primeira división española 1973/74: 21/0
- Primeira división española 1974/75: 20/0
- Segunda división española 1975/76: 35/0
- Primeira división española 1976/77: 33/1
- Segunda división española 1977/78: 32/3
- Primeira división española 1978/79: 29/2
- Segunda división española 1979/80: 37/4
- Segunda división B española 1980/81: 30/3
- Segunda división española 1981/82: 29/2