María Patiño
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Patiño Castro 15 de agosto de 1971 (53 anos) Ferrol, España |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelos castaños claros |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, actriz de cinema, escritora, presentadora de televisión |
Período de actividade | 1999 - |
Empregador | Europa Press (pt) Atresmedia Diez minutos (pt) Radio y Televisión de Andalucía Mediaset España |
María Patiño Castro,[1] nada en Ferrol en 1971, é unha xornalista galega. Trátase dunha das máis coñecidas representantes da chamada prensa do corazón, e faciana habitual en numerosos espazos de televisión do que nalgúns casos é cualificado coma tele-lixo.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en xornalismo, comezou a súa actividade na delegación de Sevilla da axencia de noticias Europa Press. Posteriormente traballou en Canal Sur Radio, Onda Giralda e a axencia oficial de Diez Minutos en Andalucía.
Os seus primeiros contactos coa televisión, medio a través do que alcanzou sona en España, comezaron no programa magazine Sabor a verano (1999), de Antena 3, presentado por Inés Ballester.
Tralo seu paso polo late-night Abierto al anochecer (2002) de Jordi González, recala no que foi un dos programas televisivos máis seguidos, Sabor a ti (2003-2004), xunto a Ana Rosa Quintana.
Con todo, a súa sona débea ao talk show de actualidade social ¿Dónde estás corazón?, conducido por Jaime Cantizano en Antena 3 entre 2003 e 2011.
Na tempada 2007-2008 presentou o magazine A 3 bandas, en Antena 3, que foi retirado por baixa audiencia. A partir do 13 de xullo de 2009 presentou xunto a Jesús Mariñas e Julian Iantzi o programa Vaya par, dirixido por Gema López, tamén retirado por baixa audiencia o 11 de setembro dese ano.
O 15 de outubro de 2011, xa retirado da grella o programa DEC, Patiño foi entrevistada en La Noria, de Telecinco, xunto a Bárbara Rey, con quen tivera unha gran liorta en 2007. Desde o 5 de novembro de 2011 comeza a traballar como colaboradora habitual de La Noria. O 17 de xaneiro de 2012 incorporouse como colaboradora habitual en El programa de Ana Rosa, ademais de colaborar en Sálvame Deluxe os venres pola noite.
O seu estilo polémico e apaixonado de exercer o xornalismo garante unha audiencia fiel dos programas en que participa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Esquelas ABC Sevilla
- ↑ Artigo en Faro de Vigo Arquivado 18 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)