Saltar ao contido

Marc Vales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarc Vales

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Les Escaldes, Andorra Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaAndorra Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo21 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Unió Esportiva Sant Julià
2006–2007 FC Andorra
2007–2008 CE Sabadell FC B
2007–2008 CE Sabadell
2008–2008 Societat Esportiva Eivissa-Ibiza
2008–2008 SE Eivissa-Ibiza B
2009–2009 Club Deportivo Binéfar 12(1)
2009–2011 Atlético Monzón 58(7)
2011–2012   CD Atlético Baleares 20(2)
2012–2013   Real Madrid C 13(0)
2014–2014 FC Andorra 6(1)
2014–2015 Deportivo Aragón 27(1)
2015–   CE L'Hospitalet
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–   Selección de fútbol de Andorra
2008–2011   Andorra national under-21 football team 4(0)

Twitter: marcvg3 FIFA: 299250 UEFA: 102689 Editar o valor en Wikidata

Marc Vales González, nado en Les Escaldes, Andorra, o 4 de abril de 1990 é un futbolista andorrano de orixe galega, que xoga como defensa central ou centrocampista defensivo no CE Europa, da Segunda Federación de España. Foi 93 veces internacional coa selección andorrana, coa que marcou 5 goles, sendo o quinto xogador con máis internacionalidades na historia do país.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Les Escaldes, na parroquia andorrana de Escaldes-Engordany, sendo fillo de dous emigrantes galegos, naturais ambos do concello de Lalín (o pai de Noceda e a nai de Méixome).[1]

Comezou a xogar ao fútbol no Sant Julià andorrano e máis tarde pasou polas filas do FC Andorra (no que xogou en dúas etapas diferentes), Sabadell B, Eivissa-Ibiza B,[2] Binéfar e Atlético Monzón.[3]

No verán de 2011 fichou polo Atlético Baleares, co que debutou na Segunda División B nun partido ante o Olímpic de Xàtiva, marcando o único gol do encontro.[4] Pasou a gran maioría dos seguintes anos na mesma categoría, a excepción duns meses na Terceira División co FC Andorra. Así, xogou sucesivamente no Real Madrid C,[5] Zaragoza B e Hospitalet.[6][7]

O 5 de agosto de 2016 asinou co SJK finlandés ata o final da tempada. O 9 de novembro de 2016, o SJK anunciou a firma dun novo contrato de dous anos co xogador. O 25 de xullo de 2018, trasladouse á Eliteserien norueguesa, fichando polo Sandefjord.[8]

En xaneiro de 2022 asinou polo Kedah Darul Aman malaisio.[9] Regresou a España en febreiro de 2023, fichando polo Real Unión, da Primeira Federación. No verán do mesmo ano volveu cambiar de equipo, asinando co Europa, da Segunda Federación.[10]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Internacional con Andorra en categorías inferiores, debutou coa selección andorrana absoluta o 26 de marzo de 2008, con 17 anos, nun amigable na casa ante Letonia, que rematou en derrota por 0-3.[11] Marcou o seu primeiro gol coa selección o 11 de outubro de 2019, na vitoria por 1-0 sobre Moldova en partido correspondente á clasificación para a Eurocopa de 2020.[12]

Foi máis de 90 veces internacional.[13]

  1. Barreiros, Pedro (21 de outubro de 2019). "Marc Vales: «Jugar con Andorra es una suerte»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  2. "El Eivissa B ficha a Marc Vales, internacional con Andorra" [Eivissa B sign Marc Vales, Andorran international]. Diario de Ibiza (en castelán). 9 de setembro de 2008. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  3. "Los 20 chuts de Marc Vales" (en castelán). 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  4. M. Otero, Pablo (30 de outubro de 2011). "Los gallitos aprenden a sufrir". Marca (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  5. "Marc Vales fitxa pel Real Madrid CF C amb opcions a jugar al Castilla" (en catalán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  6. Lambán, Patricia (22 de xaneiro de 2015). "Entrevista. Marc Vales: "El Real Zaragoza B está capacitado para lograr la permanencia"" (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  7. Lambán, Patricia (3 de xullo de 2015). "Marc Vales sale del Real Zaragoza y ficha por el Hospitalet" (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  8. "To nye spillere klare til å bidra" (en noruegués). 25 de xullo de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  9. "Marc Vales ja llueix els colors del KDA Football Club". Ara (en catalán). 31 de xullo de 2022. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  10. "Marc Vales fitxa pel CE Europa de Segona RFEF". Diari d'Andorra (en catalán). 3 de agosto de 2023. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  11. "El internacional número 20". Marca (en castelán). 11 de outubro de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  12. "Andorra gana el primer partido de clasificación de su historia". As (en castelán). 12 de outubro de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  13. "Andorra - Record International Players". RSSSF (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2024.