Martha's Vineyard
(en) Martha's Vineyard (mis) Noepe | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Elizabeth | |||
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Dukes, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Altitude | 24 m | |||
Dimensións | 33 () km | |||
Punto máis alto | Peaked Hill (en) (8.200 cm ) | |||
Superficie | 226,57 km² | |||
Martha's Vineyard é unha illa situada na costa sur de Cape Cod, ambas formando parte da rexión de Outer Lands.
Nome
[editar | editar a fonte]Bartholomew Gosnold nomeou así a illa (que xa tiña nome indíxena) pola súa filla Martha.[1] A miúdo chámase só "the Vineyard" (a viña).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Cunha superficie terrestre de 231,75 km² (87,48 millas cadradas ), Martha's Vineyard é a 57ª illa máis grande dos Estados Unidos. Atópase no Estado estadounidense de Massachusetts, no condado de Dukes, que tamén inclúe Cuttyhunk e as outras illas Elizabeth, así como a illa de Nomans Land e de Chappaquiddick.
Coordenadas:
[editar | editar a fonte]41°24′N 70°37′W
Sociolingüística
[editar | editar a fonte]A adopción do concepto comunidade de falantes como foco de análise lingüística xurdiu na década de 1960, debido ao traballo pioneiro de William Labov, cuxos estudos sobre a variación lingüística na cidade de Nova York e a pequena vila de Martha's Vineyard sentaron as bases da sociolingüística como ciencia social. Os seus estudos demostraron que non só a clase e a profesión estaban claramente relacionadas coa variación lingüística dentro dunha comunidade de falantes (por exemplo, Martha's Vineyard), senón que as aspiracións socioeconómicas e a mobilidade tamén eran de grande importancia[2].
Galería
[editar | editar a fonte]-
Grange Hall
West Tisbury -
Faro de Aquinnah -
Chappy Ferry
Edgartown
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bartholomew Gosnold, the Founding Grandfather of the 13 Colonies (and Namer of Cape Cod)". New England Historical Society (en inglés). 2015-06-24. Consultado o 2022-02-03.
- ↑ "William Labov – Martha’s Vineyard – All About Linguistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-26.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martha's Vineyard |