Matías Usero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1875 Ferrol, España |
Morte | 21 de agosto de 1936 (61 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, autor, político, escritor, sacerdote católico |
Orde relixiosa | Sociedade de San Francisco de Sales |
Familia | |
Irmáns | Antonio Usero Torrente |
Descrito pola fonte | Contradicción, coherencia y compromiso: Matías Usero Torrente (pt) |
Matías Usero Rey-Torrente, nado en Ferrol o 12 de maio de 1875 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936[1], foi un relixioso, avogado, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Antonio Usero Torrente (1879-1969), alcalde de Ferrol. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, era doutor en Teoloxía e mestre. Foi misioneiro en América e Asia e especializouse en relixións comparadas. Chegou a Porto Rico en 1910, onde se fixo espiritualista. En 1911 partiu para a España e arrepentiuse da súa apostasía[2]. Perseguido pola Congregación do Santo Oficio por modernista e liberal, abandonou a Igrexa. Ingresou na masonaría en 1916. En maio de 1931 impartiu un ciclo de conferencias sobre as diversas relixións no Círculo Mercantil de Vigo. Militou no PSOE, aínda que despois o abandonou por consideralo demasiado submiso á Igrexa católica. Foi vicepresidente do Comité Municipal de Unión Republicana (1935) e da Fraternidad de Cultura Ferrolana, e director da Escuela Racionalista de Ferrol, de carácter anarquista. Foi excomungado e as súas obras foron incluídas no índice de libros prohibidos. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido o 24 de xullo e procesado. Foi asasinado o 18 de agosto de 1936.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Democracia y cristianismo, 1930.
- El peligro religioso, 1932.
- Jesuitismo y masonería, 1932.
- Concepción Arenal: heterodoxa, liberal, librepensadora, hereje, 1933.
- Las religiones del mundo desenmascaradas, 1933.
- La Iglesia y su política, 1934.
- Mi respuesta al P. Tusquets, 1934.
- La Religión de la Humanidad.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tezanos Gandarillas, Marisa (2001). Contradicción, coherencia y compromiso: Matías Usero Torrente. Hispania Sacra 53 (CSIC). pp. 267–282. ISSN 0018-215X. doi:10.3989/hs.2001.v53.i107.234. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2016.
- ↑ Hernández-Aponte, Gerardo Alberto (2013). Academia Puertorriqueña de la Historia y Decanato de Estudios Graduados e Investigación (DEGI) de la Universidad de Puerto Rico, ed. La Iglesia Católica en Puerto Rico ante la invasión de Estados Unidos de América. Lucha, sobrevivencia y estabilización: (1898-1921). San Juan. pp. 155–157.
- ↑ "Siguen las atrocidades fascistas". ABC: 8–9. 2/11/1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Useros Torrente, Matías". Diccionario enciclopédico galego universal 58. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 95. ISBN 84-7680-429-6.
- "Usero Torrente, Matías". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 278.
- "Usero Torrente, Matías". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 251. ISBN 84-7680-288-9.
- Llorca Freire, Guillermo (2005). "Useo Torrente, Matías". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Rodríguez Lago, J. R. (2013). "Matías Usero Torrente (1875-1936) de la misión católica a la misión teosófica" pp. 125–152 en Otra Iglesia. Clero disidente durante la Segunda República y la guerra civil. Trea. 2014. ISBN 978-84-9704-747-0 (en castelán).
- Tezanos Gandarillas, Marisa (2001). "Contradicción, coherencia y compromiso: Matías Usero Torrente". Hispania Sacra (CSIC) 53 (107): 267–282. ISSN 0018-215X. doi:10.3989/hs.2001.v53.i107.234. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Matías Usero, o crego anticlerical" Radiofusiòn, 19/12/2009.
- Mauleón, Amaia (27/6/2014). "Una luz sobre los curas republicanos". Faro de Vigo (Vigo).