Saltar ao contido

Medomedá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medomedá
OrixeTeo (Santiago de Compostela), Galicia Galiza
Período2008 - actualidade
Xénero(s)Rock
MembrosMarkinhos (Voz, coros e guitarra rítmica)
Pais (Guitarra acústica, voz e coros)
Arturo (Batería e coros)
Pat (Baixo e coros)
Na rede
Páxina oficial
Discogs: 4134136 Editar o valor en Wikidata

Medomedá é un grupo de rock galego que xurdiu en Teo no 2008.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedentes de grupos como Trifulka, Sufridos e Drinkin'Tinto, estes xa veteranos da música galega crearon no 2008 Medomedá, un grupo musical cun estilo que eles deron en chamar “rock gilipollas”.

Este novo proxecto musical, con fortes influencias de grupos como Heredeiros da Crus, deuse a coñecer co seu primeiro tema de estudio “Quero ver como te ris” presentado ó concurso A polo ghit (2008), onde tivo grande éxito e quedou entre os finalistas.

Dende entón este grupo de Teo tivo unha grande acollida participando nunha chea de concertos ó longo destes catro anos, entre os que cabe destacar: Festival Brincadeira (2012), Festival de Noso (2011), Castelo Rock (2012), Festi Sahara (2010), Rock in Rian (2010), Cruceiro Rock (2010)…, ademais de numerosas actuacións en salas coma a Nasa ou a Capitol. Tamén presentaron o seu “Quero ver como te ris” no programa da TVG Tourilandia.

Nas súas actuacións a música tamén é un concepto audiovisual, tanto pola estética rechamante como pola interacción cos seguidores mediante, por exemplo, os vídeos subidos a YouTube (nos que fan un adianto da xira dese verán, un peche de tempada etc.).

No 2012 saíu o seu moi esperado primeiro disco, chamado Mellorando pa peor no que inclúen unha introdución e 12 temas entre os que destacan “Quero ver como te ris”, “Vas de guai e non chegas a chachi” ou “Un polbo botábao” polo grande éxito que xa tiveran nos directos. O seu disco foi gravado no estudio Pousada Son de Ames e sae á rúa baixo unha licenza Creative Commons. Na súa páxina inclúen tamén un apartado onde poder descargar politóns das súas cancións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]