Meristema
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
En histoloxía vexetal chámaselles meristemas[1] ós tecidos embrionarios das plantas vasculares formados por células totipotentes das que por multiplicación e diferenciación se forman o resto dos tecidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os meristemas están formados por células indiferenciadas, poliédricas, máis ou menos equidimensionais (dimensións parecidas en todas as direccións), apertadamente encaixadas, de parede celular pouco desenvolta (sen parede secundaria) e con pouco volume vacuolar. Como consecuencia das súas divisións mitóticas, forman as células que por maduración construirán os tecidos e órganos adultos, á vez que pode manterse o meristema. Isto último só ocorrerá en órganos de crecemento continuo ou periódico, como os talos, e non nos órganos de crecemento determinado, como as follas e as pezas florais.
Tipos
[editar | editar a fonte]Distínguese entre meristemas primarios, dos que depende o crecemento en lonxitude e meristemas secundarios, que producen o engrosamento dos talos e as raíces.
Meristemas primarios
[editar | editar a fonte]Os meristemas primarios son meristemas apicais, situados no extremo dos talos e das raíces. Deles derivan os tecidos adultos que se forman durante o crecemento en lonxitude, á vez que os meristemas remanentes, que interpostos entre os anteriores, dan lugar á renovación de tecidos vasculares e corticais, por formación de capas concéntricas novas que dan lugar, ademais, a un engrosamento dos eixes.
Meristemas secundarios
[editar | editar a fonte]Os meristemas secundarios producen o engrosamento dos talos e as raíces.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para meristema.